Apusozoos

(Redirección desde «Apusozoa»)

Os apusozoos (Apusozoa) son un filo [1] que comprende varios xéneros de protozoos flaxelados, creado por Cavalier-Smith. Teñen un tamaño entre 5-20 μm, e aparecen en solos e hábitats acuáticos, onde se alimentan de bacterias. Agrúpanse xuntos por teren unha cuncha ou teca orgánica por debaixo da superficie dorsal da célula.

O seu nome deriva do grego (ἄπους + ζῷον) e significa "animais sen pés".

Clasificación

editar

Distínguense tres ordes, a miúdo tratados como grupos separados: apusomónadas, anciromónadas e hemimastíxidos.

Nome Xéneros Flaxelos Cristas mitocondriais
apusomónadas Apusomonas e Amastigomonas. Algunhas fontes subdividen este grupo.[2] biflaxelados tubulares
anciromónadas Ancyromonas biflaxelados aplanadas
hemimastíxidos (tamén chamados espironémidos ou hemimastigóforos) Hemimastix, Spironema, e Stereonema multiflaxelados tubulares

Suxeriuse que Mantamonas fose clasificado tamén como Apusozoa.[3]

Características

editar

As apusomónadas e anciromónadas teñen dous flaxelos inseridos formando un ángulo de 90º, preto da parte anterior da célula. Móvense escorregando, usando un dos flaxelos para arrastrarse por un lateral e o outro dirixido ao lado anterior. Porén, os hemimastíxidos teñen múltiples flaxelos, dispostos en ringleiras desde a parte anterior da célula cara á posterior.

A forma das mitocondrias varía nas diferentes ordes. Nas apusomónadas as cristas mitocondriais son tubulares; as anciromónadas teñen cristas aplanadas, e os hemimastíxidos teñen cristas saculadas ou ambiguas. Esta característica foi considerada orixinalmente un bo indicador para establecer as relacións entre eles, pero hoxe sabemos que varía mesmo entre grupos estreitamente emparentados.

Relacións con outros eucariotas

editar

Nas árbores evolutivas moleculares, as apusomónadas e anciromónadas agrúpanse xuntas, pero as súas relacións con outros eucariotas son incertas.

Aínda que ás veces foron incluídos no grupo dos Rhizaria, baseándose nas secuencias do xene do ARNr de 18S, concluíuse que os Apusozoa non están directamente emparentados cos outros Rhizaria.

Cavalier-Smith, nunha publicación en colaboración con Alexandra Stechmann, postulou que os Apusozoa pertencían ao clado dos bicontos.[4][5] Pode ser unha das liñaxes bicontas máis diverxente.[6]

Máis recentemente foron agrupados cos unicontos.[3] Propúxose que poderían estar relacionados cos opistocontos.[7]

  1. Cavalier-Smith T, Chao EE, Stechmann A, Oates B, Nikolaev S (2008). "Planomonadida ord. nov. (Apusozoa): ultrastructural affinity with Micronuclearia podoventralis and deep divergences within Planomonas gen. nov". Protist 159 (4): 535–62. PMID 18723395. doi:10.1016/j.protis.2008.06.002. 
  2. Cavalier-Smith T, Chao EE (2010). "Phylogeny and Evolution of Apusomonadida (Protozoa: Apusozoa): New Genera and Species". Protist 161 (4): 549–76. PMID 20537943. doi:10.1016/j.protis.2010.04.002. 
  3. 3,0 3,1 Glücksman E, Snell EA, Berney C, Chao EE, Bass D, Cavalier-Smith T (2010). "The Novel Marine Gliding Zooflagellate Genus Mantamonas (Mantamonadida ord. n.: Apusozoa)". Protist 162 (2): 207–221. PMID 20884290. doi:10.1016/j.protis.2010.06.004. 
  4. Cavalier-Smith, T.; Stechmann, Alexandra (2003). "The root of the eukaryote tree pinpointed". Current Biology 13 (17): R665–R666. PMID 12956967. doi:10.1016/S0960-9822(03)00602-X. 
  5. Cavalier-Smith T (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 52 (Pt 2): 297–354. PMID 11931142. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 01 de agosto de 2012. 
  6. Moreira D, von der Heyden S, Bass D, López-García P, Chao E, Cavalier-Smith T (2007). "Global eukaryote phylogeny: Combined small- and large-subunit ribosomal DNA trees support monophyly of Rhizaria, Retaria and Excavata". Mol. Phylogenet. Evol. 44 (1): 255–66. PMID 17174576. doi:10.1016/j.ympev.2006.11.001. 
  7. Cavalier-Smith T (2009). "Megaphylogeny, cell body plans, adaptive zones: causes and timing of eukaryote basal radiations". J. Eukaryot. Microbiol. 56 (1): 26–33. PMID 19340985. doi:10.1111/j.1550-7408.2008.00373.x.