Apple Lisa

computadora persoal deseñada por Apple Computer a comezos da década dos 80

O Apple Lisa foi unha computadora persoal deseñada por Apple Computer a comezos da década dos 80.

O Apple Lisa co disco duro na parte superior

Proxecto Lisa editar

O proxecto Lisa iniciouse en 1978 e lentamente evolucionou para deseñar un poderoso ordenador persoal cunha interface gráfica de usuario. Lisa ía ser dirixido cara clientes de negocios.

Arredor de 1982, Steve Jobs foi forzado a abandonar o proxecto lisa, polo que se uniu ó proxecto Macintosh. Ao contrario do que se cre, o Mac non é un descendente directo de Lisa, aínda que hai semellanzas entre ambos sistemas operativos e a revisión final de Lisa 2/10 foi modificado e vendido como Macintosh XL.

O nome Lisa editar

Mentres que na documentación embalada co Lisa orixinal só referíase a el como The Lisa, oficialmente, Apple indicou que era o acrónimo para Local Integrated Software Architecture (en galego: Arquitectura de Software Integrada Localmente).

Posto que a primeira filla de Steve Jobs, nada en 1978 chamouse Lisa, normalmente dedúcese que o nome tiña unha asociación persoal e que quizais o acrónimo foi inventado despois para cadrar co nome.[1]

O fracaso do Lisa editar

O Apple Lisa converteuse nun fracaso para Apple, o máis grande desde o Apple III de 1980. Os clientes ós que o Lisa estaba dirixido (empresas), resistíronse ao alto prezo do ordenador e gran parte optou por traballar cos menos custosos IBM PC, que xa comezaban a dominar o mercado da computación nos negocios.

O maior cliente do Lisa foi a NASA, a cal usou o Apple Lisa para a administración de proxectos e víronse envoltos en serios problemas cando o Lisa deixou de ser comercializado. Ademais disto o Lisa foi visto como un aparello lento a pesar da súa innovadora interface. A caída definitiva do Apple Lisa foi o lanzamento do Macintosh en 1984, que axudou a desacreditar ó Lisa debido que tamén posuía unha interface gráfico, rato e era menos custoso.

Antes de que o Lisa desaparecera por completo, Apple lanzou dous novos modelos, o Apple Lisa 2 e o Macintosh XL. Finalmente a liña Apple Lisa desapareceu en agosto de 1986.

Notas editar

  1. No film The Pirates of Silcon Valley deixase entrever esta teoría

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar