Apolodoro de Caristo

Apolodoro de Caristo (en grego Ἀπολλόδωρος) foi un poeta cómico nado probabelmente en Caristo, Eubea. Os antigos distinguían entre dous poetas cómicos chamados Apolodoro, este de Caristo e Apolodoro de Xela, nacido en Gela en Sicilia.

Infotaula de personaApolodoro de Caristo
Biografía
NacementoCaristo, Grecia Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomediógrafo Editar o valor em Wikidata
MovementoComedia nova Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Apolodoro de Caristo viviu probabelmente na primeira metade do século -III. Pertencía á nova escola de comedia ateniense, e foi un dos seus autores máis distinguidos. Atribúenselle 47 comedias, e consta que gañou cinco premios. Parece que as súas obras non foron representadas en Atenas senón en Alexandría. As súas obras continuaron representándose despois da súa morte e foron populares, como se desprende de que Terencio tomase o tema das súas obras A Sogra e Formión de dúas obras de Apolodoro[1].

O Suídas menciona un poeta cómico ao que chama Apolodoro de Atenas, o que levou a algúns críticos a pensar que había tres comediógrafos chamados Apolodoro, pero probabelmente sexa o mesmo Apolodoro de Caristo[2].

Notas editar

  1. Smith, William (ed.) (1867). "Apollodorus 6.". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown, & Comp. p. 233. 
  2. Smith, William (ed.) (1867). "Apollodorus 6.". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown, & Comp. p. 233.