Aplicacións científicas da fotografía

A fotografía constituíu dende os seus inicios un medio de grande utilidade na investigación científica. Grazas á súa utilización a nivel científico tense a posibilidade de rexistrar fenómenos que non poden ser observados directamente, como por exemplo aqueles que se desenvolven en tempos moi breves (fotografía ultrarrápida) ou extremadamente lentos (fotografía de baixa velocidade), aqueles que acaecen a escala microscópica, aqueles que afectan a rexións moi vastas da Terra ou do espazo (fotografía aérea, orbital, astronómica), aqueles ligados a radiacións non visibles ó ollo humano etc.

paisaxe chuviñosa en B/N

Entre as máis importantes aplicacións da fotografía no campo científico destacan a fotografía ultrarrápida e estroboscópica, a fotografía estereoscópica, a fotografía infravermella e ultravioleta, a fotografía aérea e orbital ou a fotografía astronómica.