Apertura Ruy López

(Redirección desde «Apertura española»)
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Ruy López ou apertura española

A apertura Ruy López, tamén chamada apertura española, é unha famosa Apertura de xadrez. Tratase, talvez, da apertura mais famosa do xadrez, devendo o seu nome ao célebre xadrecista español do século XVI Ruy López de Segura.

Está considerada dentro das aperturas abertas. Foi obxecto de moitas análises por parte dos teóricos do xogo e as súas variantes son numerosas. En xeral, considérase que dá ás pezas brancas unha vantaxe lixeira e duradeira.

Acontece despois das seguintes xogadas (en notación alxébrica):

  • 1. e4 - e5
  • 2. Cf3 - Cc6
  • 3. Bb5

Comentarios das primeiras xogadas:

1. e4 A apertura do peón de Rei é tan popular como lóxica. Controla o centro do taboleiro, abre liñas tanto para a dama como para o bispo e conduce a un xogo aberto.

1. ... - e5 As negras responden simetricamente e fan un desafío directo nas casas centrais.

2. Cf3 Coa posible excepción de: 2. f4 que nos levaría ao Gambito de rei, este é o segundo movemento máis lóxico contra a resposta simétrica das negras para o peón de Rei. O cabalo ataca e5, abre o camiño ao rei para un enroque eventual e descansa na súa mellor casa defensiva.

2. ... - Cc6 Defendendo o peón de e5. Agora, se as brancas xogaran 3. Cc3 (en vez da Ruy López), xogaríase a Apertura dos Tres Cabalos.

3. Bb5 Este é o movemento de Ruy López. Está ideado para manter presión no centro das negras, a longo prazo. Se o Bispo do Rei fora atacado mediante 3. ... - a6, asumiría unha posición en b3 ou c2 para manter o foco de ataque no lado do Rei ou nas casas centrais.

Estratexia editar

As brancas prepáranse para facer c3 e d4 buscando eliminar o peón e5 das negras. Coa súa última xogada apresúranse a enrocar e así dispor de Te1 contra algún intento negro sobre o seu peón e4 evitando facer xogadas como Cc3, d3 ou ata a máis fea De2 xa que todas estas entorpecerían o seu plan. Ademais como o ditan os canons do desenvolvemento coa súa última xogada ameazan con tomar o defensor do peón e farano en caso que as negras non sobreprotexan o devandito peón.

Formulación editar

A Apertura Ruy López ou Apertura española (ECO C60-C99) é a gran partida de xadrez. Todo xogador de xadrez debe xogar a Ruy López con brancas e con negras. Foi utilizada polo primeiro campión do mundo -oficioso-, o español Ruy López de Segura, a comezos do século XVI, e aínda hoxe practícase con asiduidade tanto entre os afeccionados como entre os grandes mestres.

Ten grandes virtudes. Tras 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 non só desenvolve unha peza, senón que se ataca á única peza desenvolvida do negro, a única que controla o centro, co que a pesar de que en b5 o bispo non controla directamente o centro, si o controla indirectamente. Ademais, se se entra na liña principal, con 3. ... - a6 o negro vese obrigado a debilitar o flanco de dama.

Na Apertura española termínase en partidas desequilibradas nas que a pericia do xogador é esencial para gañar.

Variantes editar

Non hai que perderse na gran cantidade de variantes, e xogar con lóxica.

Convén dividir o estudo da Apertura Ruy López en dúas grandes variantes: as variantes sen 3. ... - a6, e as variantes con 3. ... - a6 Hai moitas xogadas razoables dispoñíbeis, pero normalmente a teoría divídeas en dous grandes grupos; aquelas onde as negras optan pola Defensa Murphy (3...a6) e as variantes onde moven algo diferente.

Variantes sen 3. ... - a6 editar

A Apertura Ruy López sen 3. ... - a6 (ECO C60-C67) é o xeito máis antigo de xogar esta apertura. Hoxe en día esta non é moi popular, debido ás vantaxes que ten gañar espazo na á de dama con 3. ... - a6 pero é moi sólida, e aínda que non se gaña espazo no á de dama tampouco se crean debilidades. Das variantes enumeradas nesta sección a defensa Schielmann e a berlinesa son as máis populares, con predominio da primeira entre xogadores de club e a segunda entre grandes mestres.

  • 3. ... - f5!? (Defensa Schliemann)
  • 3. ... - Bc5 (Defensa Clásica)
  • 3. ... - Cf6 (Defensa berlinesa)
  • 3. ... - d6 (Defensa Steinitz)
  • 3. ... - Cge7 (Defensa Cozio)
  • 3. ... - Cd4 (Defensa Bird)
  • 3. ... - g6 (Defensa Smyslov)
  • 3. ... - f6 (Defensa Nuernberg)

Defensa Schliemann editar

Apertura Ruy López sin 3. ... - a6. Defensa Schliemann.

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - f5.

A Defensa Schliemann (ECO C63), 3. ... - f5!?, é unha liña moi forte na que as negras intentan abrir a fila f para o ataque, con frecuencia sacrifican un peón ou dous. Este contraataque conduce a un xogo agudo onde o cálculo concreto adquire maior importancia que a estratexia. Ignorando a ameaza sobre e5 as negras intentan tomar o peón de e4 obtendo unha columna semiaberta para a súa torre logo dun pronto O-O. Considerado por moitos como algo dubidoso, non se refutou e utilízase en ocasións no xogo como unha arma sorpresa principalmente en grandes torneos. Esta variante xogouna Carl Jaenisch en 1847 polo que algunhas veces leva o seu nome. Aínda que máis tarde puxerónlle o nome do avogado alemán Adolf Karl Wilhelm Schliemann (1817-1872), a liña Schliemann foi desenvolvida efectivamente no decenio de 1860 esta era unha táctica na variante da Defensa Cordel (3. ... - Bc5 4. c3 - f5).

Rudolf Spielmann xogouna como negro +6 = 5-1 o igual que Frank Marshall +9 = 8-4. Alexander Shabalov ten unha puntuación favorable en xogo internacional.

Teóricos como Panov preferiron chamala variante Jaenisch.

Defensa clásica editar

Defensa calsica 3. ... - Bc5

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - Bc5.

A Defensa clásica ou Defensa Cordel (ECO C64), xorde despois do movemento 3. ... - Bc5, sendo posiblemente o movemento máis antigo de defensa contra a Apertura Ruy López, hoxe en día é xogado ocasionalmente. A resposta máis común por parte das brancas é 4. c3, onde o negro pode elixir por xogar 4. ... - f5, chamado Gambito Cordel. Isto a miúdo leva a posicións moi desordenadas, o que fai que se use moito menos, en comparación con outras respostas mais razoables para o 4° movemento negro. Máis sólida parece 4. c3 - Cf6, levando 5. 0-0 - 0-0 6. d4 - Bb6 a Variante Benelux. A principal alternativa o movemento das brancas (4. c3) é 4. 0-0.

Wilhelm Steinitz anotou +5 = 2-4 nesta variante. Boris Gulko tamén a xogou. O Gran Mestre australiano, Ian Rogers, anotou +7 = 4-1 en competición internacional.

Defensa berlinesa editar

Apertura Ruy López sin 3. ... - a6. Defensa berlinesa

1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - Cf6.

Unha das variantes máis sólidas para o bando negro. Logo de: 4. 0-0 - Cxe4 5. d4 - Cd6 6. Bxc6 - dxc6 7. dxe5 - Cf5 8. Dxd8+ - Rxd8 chégase a unha posición onde as negras teñen boas posibilidades de igualar. Esta variante depende máis dun bo xogo estratéxico que dunha gran habilidade táctica de ai que sexa a elección dalgúns grandes mestres cando se enfrontan aos programas de xadrez. Se as negras queren evitar o cambio de damas pode seguir con: 5. ... - Be7 6. De2 - Cd6 7. Bxc6 - bxc6 8. dxe5 - Cb7 9. Cc3 - 0-0 10. Te1 - Cc5 11. Cd4 - Ce6 12. Be3 - Cxd4 13. Bxd4 - c5 variante coñecida como Río de Janeiro.

Variantes con 3. ... - a6 editar

  • 4. Bxc6 (Variante do Troco)
  • 4. Ba4
    • 4. ... - b5 5. Bb3 - Ca5 (Defensa norueguesa)
    • 4. ... - Bc5 (Defensa Clásica Diferida)
    • 4. ... - d6 (Defensa Steinitz Diferida)
    • 4. ... - f5 (Defensa Schliemann Diferida)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - b5 6. Bb3 - Bb7 (Defensa Arcanxo)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - Bc5 (Defensa Möller)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - d6 (Defensa rusa)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - Cxe4 (variante aberta)
    • 4. ... - Cf6 5. 0-0 - Be7 (variante pechada)

Defensa Pechada editar

Variante pechada da apertura Ruy López.
Posición logo de 5. ... - Be7.

As liñas das defensa pechada son as máis estudadas da Ruy López, aquí as opcións son moi numerosas para cada bando.

  • 6. De2 (Ataque Worrall)
  • 6. Te1
    • 6. ... - d6 (Variante Averbakh)
    • 6. ... - b5 7. Bb3 - 0-0 8. c3 - d5 (Contraataque Marshall)
    • 6. ... - b5 7. Bb3 - d6 8. c3 - 0-0 (liña principal da variante pechada)

Logo de 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - a6 4. Ba4 - Cf6 5. 0-0 - Be7 6. Te1 - b5 7. Bb3 - d6 8. c3 - 0-0, temos:

  • 9. d3 (Variante Pilnik)
  • 9. d4 - Bg4 (Variante Bogoljubow)
  • 9. h3
    • 9. ... - Ca5 (Variante Chigorin)
    • 9. ... - Bb7 (Variante Zaitsev)
    • 9. ... - Cb8 (Variante Breyer)
    • 9. ... - Cd7 (Variante Karpov)
    • 9. ... - Be6 (Variante Jolmov)
    • 9. ... - h6 (Variante Smyslov)

Variante Chigorin editar

Variante Chigorin da Apertura Ruy López
Posición logo de 11. ... - Dc7

A Variante Chigorin, amplamente recomendada polo mestre Mijail Chigorin, é considerada a variante principal da liña principal da defensa pechada na maioría dos manuais desta apertura. Con 9. ... - Ca5 as negras buscan desbloquear o seu peón de c7 gañando tempo pola ameaza de cambiar o seu cabalo polo valioso bispo de casas brancas, o cal adoita ser superior ao primeiro no tipo da posición resultante tras a eventual d4. Logo de 10. Bb2 - c5 11. d4 a continuación clásica das negras é 11. ... - Dc7, reforzando e5 e mantendo indefinidos os peóns centrais.

O plan negro adoita ser unha reincorporación do seu cabalo ao xogo xa sexa vía c4 ou a ruta b7, d8 e f7. Mentres o seu outro cabalo adoita xogar a e8 e g7 preparando a ruptura con f5 no momento oportuno para liberar o seu xogo. As brancas pola súa banda adoitan levar o seu cabalo de b1 ao flanco de rei pasando d2 e f1 onde se dispón a colocarse en e3 ou en g3. Controlando desde aí casas centrais importantes (c4, d5 e f5) e especulando con Cf5 e ata Ch5 cambiando este cabalo polo principal defensor do enroque negro, o cabalo de f6.