Os apelativos son termos da lingua utilizados na comunicación directa para interpelar o interlocutor. É tamén un nome común, por oposición a nome propio, ou un substantivo sinónimo de sobrenome ou alcume.[1]

Tipos editar

Pódese nomear o interlocutor ou indicar as relacións sociais que establece o falante. Os apelativos poden ser:

  • o nome do interlocutor: Diogo, cólleme esa caixa.
  • termos de parentesco (ou asimilábeis): Deixe iso, avó. Xa cho dixen, meu.
  • nomes específicos: Camaradas! Ao palacio!, Entre, señor director.

Hai mesmo un uso indirecto que utiliza unha sintaxe particular mediante a que se sitúa ao interlocutor como unha 3ª persoa: Espero que a comida fose do agrado da Súa Excelencia.

Chámase función apelativa á función gramatical exercida polos apelativos da comunicación directa. Nas linguas con casos realízase co vocativo.

Notas editar

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-04-30.