Antonio de los Ríos Arenas

futbolista español

Antonio de los Ríos Arenas, nado en Córdoba o 2 de xaneiro de 1934, é un exfutbolista español, que xogaba como centrocampista.

Arenas
Información persoal
Nome Antonio de los Ríos Arenas
Nacemento 2 de xaneiro de 1934
Lugar de nacemento Córdoba
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1954–1956 España de Tánxer 48 (0)
1956–1958 Sevilla 7 (0)
1957 Deportivo da Coruña 11 (1)
1959–1960 Levante 16 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou na Segunda División aos 20 anos, nas filas do España de Tánxer, na primeira xornada da tempada 1954/55. Despois de dous anos en Tánxer, fichou en 1956 polo Sevilla. No equipo adestrado por Helenio Herrera non contou con minutos, e en xaneiro de 1957 foi cedido xunto con Liz ao Deportivo da Coruña, dentro dunha operación na que o Sevilla conseguiu o traspaso de Arsenio.[1] Debutou na Primeira División na xornada 20 da tempada 1956/57, contra o FC Barcelona en Riazor, formando no medio do campo xunto con Villarrubia.[2] Disputou un total de 11 partidos co Deportivo e marcou un gol, precisamente contra o Sevilla.

Regresou ao club hispalense ao remate da campaña, e xogou oito encontros na seguinte, incluíndo un partido da Copa de Europa contra o Real Madrid. Na tempada 1959/60 xogou co Levante na Segunda División.

Notas editar

  1. "Liz y Arenas, nuevos jugadores deportivistas y Arsenio, traspasado al Sevilla". La Noche (en castelán) (11187). 24 de xaneiro de 1957. p. 5. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  2. "Estrepitosa derrota del Deportivo ante el Barcelona en Riazor (1-6)". El Progreso (en castelán) (15394). 29 de xaneiro de 1957. p. 4. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar