Antonio Taboada Nieto

músico galego

Antonio Taboada Nieto, nado en Pontevedra en 1869 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 1943[1], foi un músico galego.

Infotaula de personaAntonio Taboada Nieto
Biografía
Nacemento1869 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Quedou cego moi novo. Estudou piano, frauta, harmonía e composición. Dirixiu grupos orquestrais de música clásica e foi mestre de capela. Colaborou co doutor Mascaró creando un sistema mixto de escritura para cegos e videntes. Como compositor é autor da zarzuela Los hijos de Minerva e outras obras en diversos xéneros musicais.

Recoñecementos editar

A Deputación de Pontevedra creou en 1943 o premio Antonio Taboada Nieto para ampliación de estudos de piano[2].

Vida persoal editar

Casou con Francisca Tabanera Alén, finada en 1937[3], e foi pai de Antonio, Jesús (militar), Prudencio (comercial e membro da Asambreia de Mocedades Nacionalistas), Isidro (militar)[4] e Francisca Taboada Tabanera (n. 1914).

Notas editar

  1. "Pontevedra y Vigo". El Ideal Gallego. 24 de marzo de 1943. p. 5. 
  2. "Pontevedra". El Correo Gallego. 9 de abril de 1943. p. 3. 
  3. "Cabodano". El Diario de Pontevedra. 23 de novembro de 1938. p. 2. 
  4. Álvarez Castro, X. (10 de xaneiro de 2014). "A morte do home que tocaba o bombardino". Pontevedra nos anos do medo. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar