Antonio Sanjurjo Badía

inventor galego

Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume herdado do pai de Habilidades,[1] nado en Sada en 1837 e finado en Vigo o 8 de xaneiro de 1922[2], foi un inventor galego.

Modelo:BiografíaAntonio Sanjurjo Badía
Biografía
Nacemento1837
Sada
Morte8 de xaneiro de 1922 85 anos
Vigo
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial
Familia
FillosManuel Sanjurjo Otero Editar o valor en Wikidata
ParentesRamón María Otero Editar o valor en Wikidata

BUSC: sanjurjo-badia-antonio-1837-1922
Placa feita por Alejandro Curty en Vigo.

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio Sanjurjo Álvarez, propietario dun taller e unha reloxaría e membro dunha familia de once irmáns,[1] emigrou sendo un mozo, aos 16 anos, a Cuba, para despois de cinco anos regresar a Vigo e estabelecer o seu propio obradoiro e máis tarde comezar cun negocio relacionado cos estaleiros, baseado na construción de máquinas e caldeiras de vapor, entre outras cousas. Na primeira década do século XX adquiriu nunha poxa os vehículos a vapor da desaparecida liña de transporte de pasaxeiros entre A Coruña e Santiago de Compostela, e máis tarde fixo o mesmo cos automóbiles das liñas Ourense-Verín e Ferrol-Betanzos.[3] Nos seus talleres de fundición "La Industriosa" de Vigo adaptou e equipou os dez vehículos, converténdoos nuns autobuses máis cómodos e seguros, cos que reabriu o 20 de xuño de 1906 a liña entre Santiago e A Coruña, cidades nas que instalou tamén senllos talleres de reparación, así como un restaurante a medio camiño, en Ordes. A estes autobuses a vapor sumou tamén varios con motores de combustión interna.[3]

Ademais destas innovacións no ámbito da técnica, tamén creou nas súas fábricas unha irmandade de traballadores onde outorgaba aos seus traballadores un seguro de enfermidade, un salario vitalicio tras a xubilación e descanso os domingos.[4]

Casou con Concepción Otero García, filla de Ramón María Otero, dono do pazo da Mota en Riobó,[5] e chegou a ser concelleiro de Vigo sendo alcalde Antonio López de Neira.

Aínda en vida, o 27 de febreiro de 1921, o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa da cidade.

Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.

Primeiro submarino galego

editar
 
Cemiterio de Pereiró.

O 12 de agosto de 1898,[6] en Vigo, Antonio Sanjurjo probou un enxeño submarino da súa invención, ao que deu en chamar boia submarina,[7] en presenza do gobernador militar. A proba foi satisfactoria, o aparello aguantou unha hora e media mergullado e despois varias inmersións de 45 minutos. A finalidade do invento era a defensa de Vigo ante un posíbel ataque da frota estadounidense daquela en guerra con España. Non obstante, ese mesmo día asinábase o tratado de paz, polo que a súa utilización non foi necesaria.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar