Antonio Rodríguez Zapata

avogado e escritor galego

Antonio Rodríguez Zapata, nado en Huesca a finais da primeira década do século XX, foi un avogado e escritor galego.

Infotaula de personaAntonio Rodríguez Zapata
Biografía
Nacementodécada de 1900 Editar o valor em Wikidata (114/124 anos)
Huesca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , escritor Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJorge Rodríguez-Zapata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiEumenio Rodríguez Rodríguez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Eumenio Rodríguez Rodríguez, que era catedrático de lingua francesa no Instituto de Huesca. Instalouse na Coruña coa familia en 1913. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo a licenciatura en 1932.[1] Colaborou en La Voz de Galicia,[2][3] publicou a novela curta Un drama en la ciudad sonrisa, dedicada a Plácido Peña Novo, e foi director literario da revista Alma co pseudónimo Antonio Derody. Na República exerceu como avogado na Coruña e impartiu conferencias no Casino Republicano da cidade.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu caso foi sobresido. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[5][6] En setembro de 1939 obtiveron el e a súa muller en Barcelona sendos salvocondutos para viaxar ao estranxeiro.[7] Emigrou a Uruguai nos anos corenta. Nos anos cincuenta publicou en España novelas e teatro co pseudónimo Antonio de Huesca.[8]

Obras editar

  • Un drama en la ciudad sonrisa, 1929.
  • El trono de fieltro gris, 1954.
  • Los acabados, 1958.
  • Gibraltar (drama en cuatro actos), 1958.
  • Hechicera Babilonia (Argumento cinematográfico), 1980.

Vida persoal editar

Casou na Coruña con Asunción Pérez-Cabello García o 29 de xuño de 1935,[9] e foi pai do maxistrado Jorge Rodríguez-Zapata Pérez.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 28-1-1932, p. 9.
  2. "El romanticismo en la novela", La Voz de Galicia, 29-7-1928, p. 5.
  3. "Necesidad legal de la anulación del Código de la Dictadura", La Voz de Galicia, 21-3-1931, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 2-4-1933, p. 5.
  5. BOE, 22-10-1941, p. 3852.
  6. El Compostelano, 28-6-1941, p. 4.
  7. La Vanguardia, 19-9-1939, p. 8.
  8. Antonio de Huesca (seud.)
  9. La Voz de Galicia, 30-6-1935, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar