Antonio Reyes Ferreiro
xornalista e político galego
Antonio Reyes Ferreiro, nado en Pontevedra cara a 1911, foi un xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Ramón Reyes e Dolores Ferreiro. Xornalista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Declarado en rebeldía. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939,[1] e en agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[2]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 26-11-1939, p. 5.
- ↑ BOE, 6-10-1940, p. 4665.