Antonio Losada Ferreiro

político galego

Antonio Losada Ferreiro, coñecido como Canillas, nado no Saviñao cara a 1899 e finado en Escairón en decembro de 1956, foi un labrego e político galego.

Infotaula de personaAntonio Losada Ferreiro
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor em Wikidata
O Saviñao, España Editar o valor em Wikidata
Mortedecembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Escairón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Losada Ferreiro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Labrego e chófer, membro da sociedade Trabajadores de la Tierra afecta á UGT en 1931. Participou na constitución do Comité Republicano Socialista de Escairón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido, sendo declarado en rebeldía en 1938. Os seus irmáns José, Manuel e María foron detidos en varias ocasións para conseguir que se entregara. Entregouse o 11 de marzo de 1940 xunto con Ramón Pérez Vispo e Armando López Losada. Ingresou en prisión o 11 de marzo e foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo ata que lle concederon a prisión atenuada o 10 de outubro de 1941.[1] Finou en Escairón en decembro de 1956.[2]

Notas editar

  1. BOE, 27-10-1941, p. 8370.
  2. El Pueblo Gallego, 19-2-1956, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 27. ISBN 978-84-8487-635-9. 

Ligazóns externas editar