Antonio Lomba

político español
(Redirección desde «Antonio Lomba Baz»)

Antonio Lomba Baz, nado en 1963, é un enxeñeiro e político galego do PSdeG-PSOE.

Antonio Lomba Baz

Actualmente no cargo
Dende o 2015
Precedido por José Manuel Domínguez Freitas

Datos persoais
Nacemento 1963
Partido PSdeG-PSOE

Na rede
Twitter: AntonioLombaBaz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Enxeñeiro e profesor de Tecnoloxía no IES da Sangriña. Nas eleccións municipais de 2003 formou parte da candidatura do PSdeG e foi elixido concelleiro da Guarda. Continuou como concelleiro nas sucesivas eleccións e dende 2007 foi concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías no goberno presidido por José Manuel Domínguez Freitas. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE[1] e foi elixido alcalde,[2] repetindo nas eleccións municipais de 2019 e mais nas de 2023.

Notas

  1. Guarda, A. (2015-01-18). "Antonio Lomba releva al alcalde Freitas como candidato del PSOE en A Guarda". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-03. 
  2. Guarda, A. (2015-05-28). "Antonio Lomba entabla reuniones para la gobernabilidad de A Guarda". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-03. 

Véxase tamén

Outros artigos


Predecesor:
José Manuel Domínguez Freitas
  
Alcalde da Guarda
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo