Antonio García Villarán

mestre de arte e youtubeiro español


Antonio García Villarán, nado en Aznalcázar, Sevilla, o 11 de xullo de 1976, é un profesor de arte, pintor, creador de contido, youtubeiro e escultor sevillano. É coñecido pola súa canle de Youtube a través da que explica, crítica e opina sobre distintos tipos de pintura. Ten unha academia en Sevilla, CREA 13. Ademais imparte cursos a través de Internet.

Infotaula de personaAntonio García Villarán
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1976
Aznalcázar (Sevilla)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla
Actividade
OcupaciónYoutubeiro, artista, pintor
Sinatura

Páxina webantoniogarciavillaran.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: antoniogarciavillaran Twitter: antoniocrea13 Instagram: antoniocrea13 Youtube: UCDupeqPlIEnjmtPmUEvgvLg Editar o valor em Wikidata

É autor do libro El arte de no tener talento. Revolución Hamparte en que, xunto co seu vídeo "Manifesto Hamparte", explica o concepto de "Hamparte", unha crítica á arte conceptual moderna. É coñecido pola súa canle de Youtube, onde realiza críticas a artistas recoñecidos, como Joan Miró, Antonio López, Marina Abramović ou Yoko Ono.[1] Considérase a si mesmo epicúreo e feminista.[2]

Traxectoria editar

Naceu en Aznalcázar, Sevilla, o 11 de xullo de 1976 e comezou a pintar cando tiña trece anos.[3] Licenciouse e doutorouse en Belas Artes na Facultade de Belas Artes de Sevilla na especialidade de pintura (1998) e de escultura (1999).[4] Tamén exerceu a docencia na devandita institución.[5]

García Villarán comezou a súa canle de Youtube en 2009 e empezou a subir vídeos en 2013. Nun primeiro momento subía cursos de pintura e non foi ata 2016 cando empezou a subir críticas artísticas a Youtube. En xullo de 2019 declarou que dos seus subscritores, un 50% miraban con frecuencia o contido que subía, o cal «é moitísimo», segundo as súas palabras.[3] En xaneiro do ano seguinte mencionou que, grazas á súa actividade en YouTube, estaba a relegar cada vez máis os seus cursos e rexeitou postos na universidade.[5] Acadou 1 millón de subscritores a principios de 2021.[6]

A súa postura acerca da arte conceptual foi explicada nun manifesto, onde introduciu o concepto de "hamparte",[7] e no seu libro "El arte de no tener talento. Revolución Hamparte".[8][9][10][11] A temática principal dos seus vídeos é unha crítica á arte contemporánea en defensa da sublimidade na arte, con foco na crítica de artistas contemporáneos e artistas históricos. Foi fundador, xunto con Nuria Mesquita de Haro, da editora Cangrejo Pistolero Ediciones.[12] Tamén organizou en Sevilla o festival de Perfopoesía.[1]

En 2021 comezou a facer cryptoarte e foi defensor dos NFT e da súa utilidade artística.[13] Nese ano tamén comezou a facer streams en Twitch, con máis de 50 000 seguidores, cun contido principalmente centrado en pintar e debuxar en directo.[14]

Realizou colaboracións con distintos youtubeiros, como o xornalista Carles Tamayo,[15][16] o youtubeiro Jordi Wild[17] ou o físico Javier Santaolalla,[18] entre outros.

Publicacións editar

  • El maestro escarabajo: ideas para una nueva pedagogía de las artes plásticas del siglo XXI (2011)
  • Historia de las academias y escuelas de dibujo: de Vasari a nuestros días (2012)
  • El arte de no tener talento. Revolución Hamparte (2019)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Luque, Alejando (1 de xullo de 2019). "Antonio García Villarán: "Lo que pinta Miró no tiene ningún valor"". Eldiario.es. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  2. "El Youtuber Antonio García Villarán y su crítica a las «vacas sagradas» del arte". sourmagazine.cl (en castelán). 2019-07-17. Consultado o 2022-01-04. 
  3. 3,0 3,1 Montenegro Ríos, Matías (17 de xullo de 2019). "El Youtuber Antonio García Villarán y su crítica a las “vacas sagradas” del arte". Sour Magazine. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  4. Camero, Francisco (23 de agosto de 2019). ""La pandillita del arte contemporáneo le tiene un miedo atroz a la gente"". Diario de Sevilla. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Fernández Quintanilla, Pablo (29 de xaneiro de 2020). "Antonio García Villarán, el pintor que se retira al campo gracias a YouTube". La Voz del Sur. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  6. "1.000.000 suscriptores. Studio Tour. Secretos que nunca conté, Set Up, taller pintura, Arte y más.". Consultado o 2022-01-04. 
  7. "MANIFIESTO HAMPARTE ¿QUÉ ES ARTE Y QUÉ NO ES ARTE? DEFINICIÓN Y EJEMPLOS". Consultado o 2022-01-04. 
  8. Castell, José Antonio (22 de xuño de 2018). "Hamparte: El arte de no tener talento". La cámara del arte. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2022. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  9. Brambilia, María (15 de outubro de 2018). "HAMPARTE: El arte de no tener talento". Fahrenheit Magazine. Archived from the original on 15 de setembro de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  10. Sebastián, Víctor (12 de abril de 2019). "'El arte de no tener talento', el libro de Antonio García Villarán sobre el hamparte es número 1 de ventas". Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  11. García, Carlos (23 de abril de 2019). "Dislogio a Antonio García Villarán". Código Público. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  12. "Cangrejo Pistolero Ediciones". Ediciona. 2017. Archived from the original on 02 de marzo de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2020. 
  13. Lanz, Decrypt / Jose Antonio (2021-11-01). "Los NFT Sustiuirán al Arte Físico? Jordi Wild y Antonio García Villarán Hablan de Criptoarte". Decrypt (en castelán). Consultado o 2023-11-06. 
  14. "Twitch". Twitch. Consultado o 2022-01-04. 
  15. "CREAR NFT. ¿Qué es? ¿de qué sirve? ¿es arte? ¿es una inversión? con ANTONIO GARCIA VILLARÁN". Consultado o 2022-01-04. 
  16. "¿Secta, Culto o Taller de siglo XV? Alumnos de Odd Nerdrum (Agus, Sebastian y Guillermo) Ft @TAMAYO". Consultado o 2022-01-04. 
  17. "The Wild Project 89 ft Antonio García Villarán | Adolf Hitler como pintor, Frida Kahlo sobrevalorada". Consultado o 2022-01-04. 
  18. "@Antonio García Villarán reacciona a obras artísticas de científicos". Consultado o 2022-01-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar