Antonio Fuentes Fernández

médico e xornalista galego

Antonio Fuentes Fernández, finado en Ourense a principios de marzo de 1914[1], foi un médico e xornalista galego.

Infotaula de personaAntonio Fuentes Fernández
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1914 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , médico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar
 
Redacción de El Eco de Orense en 1909.

Fillo dun militar da primeira guerra carlista. Tiña consulta en Ourense dende 1872. Foi médico do cabido de Ourense entre 1880 e 1914. Segundo Otero Pedrayo foi presidente da Academia de Medicina en Ourense en 1883 e presidente do Colexio Médico-Farmacéutico de Ourense en 1887. Foi concelleiro de Ourense (1889-1893)[2] e volveu ser concelleiro até 1899, cando renunciou ao ser nomeado médico titular[3]. Colaborou en El Eco de Orense asinando co pseudónimo Wanderer as súas crónicas de supostas viaxes, e fíxose cargo da súa dirección en 1908[4].

  1. El Noroeste, 7-3-1914, p. 1.
  2. El Regional, 27-10-1893, p. 2.
  3. Boletín Oficial de la Provincia de Orense, 15-12-1899, p. 1.
  4. La Correspondencia Gallega, 20-7-1908, p. 3

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar