Antonio Dabán Vallejo

militar español

Antonio Dabán Vallejo, nado en Madrid o14 de febreiro de 1877[1] e finado en Villanueva de la Reina, Xaén, o 12 de febreiro de 1925, foi un militar español, fillo do tamén militar Antonio Dabán e Ramírez de Arellano.[2][3]

Infotaula de personaAntonio Dabán Vallejo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1877 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 1925 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Nesta fotografía do Directorio Militar de Primo de Rivera, o xeneral Dabán, con barba, é o primeiro pola esquerda da terceira fila.

Traxectoria editar

Participou en diversas campañas en Filipinas (1897), onde obtivo varias distincións e conseguiu o ascenso a capitán e, posteriormente, no Protectorado españo, de Marrocos: Melilla (1911), Ceuta-Tetuán (1913-15) e Larache (1922).[1] En 1919, foi declarado apto para ascender a xeneral de brigada.[2]

Formou parte dun grupo de militares monárquicos xunto con Cavalcanti, Federico Berenguer e Saro, que se denominou o Cuadrilátero e que participou activamente no golpe de Estado de Primo de Rivera de setembro de 1923,[2] e do que xurdiu o Directorio Militar que, presidido por Primo de Rivera, asumiu o poder e do que tamén formou parte.[1] Posteriormente, organizou os somatenes na I Rexión Militar, sendo ascendido a comandante xeral.[4]

Suicidio editar

Antonio Dabán padecía unha neurastenia agravada pola depresión en 1924 como consecuencia da morte da súa muller, polo que en 1925, a piques de contrae-lo seu segundo matrimonio cunha irmá da falecida, quitouse a vida cun disparo que entrou pola tempa dereita e saíu pola orella esquerda.[1] Tiña once fillos.

Foi enterrado no panteón familiar de Andújar.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Redacción (13 de febreiro de 1925). "Ayer en Ándujar. Suicidio del general Dabán.". La Voz. p. 3. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ramiro de la Mata, Javier. "Antonio Dabán Vallejo". dbe.rah.es. Consultado o 10 de setembro de 2023. 
  3. Payne (1976), p. 165 (Erroneamente, Payne, afirma que seu pai era Luis Dabán quen era, en realidade, seu tío).
  4. Gran Enciclopedia de España (en castelán). Zaragoza: Enciclopedia de España, S.A. 1990. ISBN 84-87544-01-0. 
  5. Redacción (14 de febreiro de 1925). "Detalles del suicidio de Dabán". La LIbertad (en castelán). p. 3. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar