Antonio Couzo García

empresario e filántropo galego

Antonio Couzo García, nado en Figueiras (parroquia de Santo Adrao de Veiga, Ortigueira) o 14 de decembro de 1895 e finado en Miami en 1973, foi un empresario e filántropo galego.

Infotaula de personaAntonio Couzo García
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1895 Editar o valor em Wikidata
Veiga, España Editar o valor em Wikidata
Morte1973 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , filántropo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Couzo_Garcia-1

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba en 1914. Traballou como dependente de bodega na colonía do Central The Trinidad Sugars e despois como obreiro do campo, preto da localidade de Trinidad (provincia de Sancti Spíritus). Trasladouse a Cienfuegos e traballou no Hospital Civil como mozo de limpeza. En Cienfuegos amplíou os seus estudos, obtendo certificado de oitavo grao e mecanografía. Trasladouse á Habana en 1919, onde traballou como varredor de xardíns na Quinta La Purísima Concepción, propiedade da Asociación de Dependentes, e logo pasou a ser mecanógrafo da Administración da asociación. Estabeleceuse pola súa conta adquirindo unha vidriera de tabacos na rúa Monserrate e Ánimas en 1924. Traspasou o negocio e abriu outro do mesmo ramo en Teniente Rey e Aguacate. En 1923 participou na formación da sociedade católica España Integral da que foi vogal en 1924, e nomeado socio meritísimo. Tamén foi administrador da revista España Integral, valadora dos ideais da sociedade homónima.

En 1928 foi un dos fundadores da sociedade de beneficencia e protección mutua Naturales del Ayuntamiento de Ortigueira, e elixido presidente da primeira xunta directiva. En 1938 foi nomeado presidente de honra da sociedade Naturales de Ortigueira. Foi xefe de redacción de Heraldo Ortigueirés.

En 1951 figuraba como vogal suplente do consello directivo do xuntoiro Patria Galega, entidade que publicaba a revista do mesmo nome baixo a dirección de Fuco G. Gómez. En 1969 era presidente da sociedade de cultura e recreo Rosalía de Castro. Pertenceu tamén ás sociedades Liga Santaballesa, Partido Judicial de Padrón e Monterroso y Antas de Ulla e tivo un importante papel na fundación da Federación de Sociedades Españolas de Cuba en 1957,

En 1971 trasladouse a Miami onde creou ao ano seguinte a Casa de Santa Marta de Ortigueira.

Recoñecementos editar

As autoridades municipais de Ortigueira outorgáronlle en 1953 o título de fillo distinguido. Para recibir o título viaxou a Galicia en 1954 e participou na Coruña nun congreso organizado polo Círculo de Estudios Migratorios, en representación da sociedade Naturales de Ortigueira.

Obras editar

  • Memorias de treinta años de un ortigueirés en la Habana, 1958.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar