Antonio Cid Cortés

Medallista paralímpico galego

Antonio Cid Cortés, nado o 16 de febreiro de 1954 en Xunqueira de Espadanedo, é un deportista galego e medallista paralímpico de boccia.[1]

Antonio Cid Cortés
Información persoal
NacionalidadeEspaña
Nacemento16 de febreiro de 1954 (70 anos)
Xunqueira de Espadanedo, Galiza Galiza
Deporte
DeporteBoccia
MinusvalíaParálise cerebral
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Competindo para España España:
Xogos Paralímpicos
Ouro Barcelona 1992 Boccia -Individual C1
Ouro Barcelona 1992 Boccia -Equipo C1/C2
Ouro Atlanta 1996 Boccia -Equipo C1/C2
Prata Sydney 2000 Boccia -Individual BC1
Prata Sydney 2000 Boccia -Equipo BC1/BC2
Bronce Atenas 2004 Boccia -Equipo BC1/BC2

Traxectoria editar

Naceu con parálise cerebral infantil, tamén sufriu tetraplexía e está, polo tanto, no grupo BC1 no deporte con discapacidade.

Mentres traballaba nos Países Baixos na década de 1980, comezou a interesarse polo xogo de bolas. Con seis medallas, incluíndo tres de ouro, é un dos atletas máis exitosos do seu deporte durante os Xogos Paralímpicos de Verán. Ademais, gañou sete medallas a nivel mundial, cinco en Europa e 16 en campionatos nacionais españois durante a súa carreira.[2]

Cid Cortés é membro da Asociación Aixiña en Ourense, unha asociación sen ánimo de lucro e lugar de encontro para persoas con discapacidade física e mental.

Distincións editar

  • 2006: Real Orde ao Mérito Deportivo
  • 2012: Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia
  • Placa e medalla do concello de Xunqueira de Espanedo[2]

Notas editar

  1. Paralimpicos.es (ed.). "Antonio Cid Cortés". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Rodríguez, Luis Manuel (5 de xullo de 2012). "La otra paralimpiada de Antonio". La Voz de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar