Antonio Cendón
pintor e caricaturista galego
Antonio Cendón González, nado en Lousado (Piñor) o 30 de xaneiro de 1837 e finado no Carballiño o 9 de marzo de 1863, foi un pintor e caricaturista galego.
Antonio Cendón | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1837 |
Lugar de nacemento | Lousado |
Falecemento | 9 de marzo de 1863 |
Lugar de falecemento | O Carballiño |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor e caricaturista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Paisaxe da Ponte de Ourense.
Fillo de Juan Cendón Carvallal, mestre de cantería e experto en fábricas de papel, e Juana González. Estudou en Ourense e Santiago de Compostela, marchando despois a Madrid, onde traballou como miniador de fotos nos estudios de Juliá e Laurent, introducindo en España as caricaturas fotográficas, e pintor de paisaxes. Obtivo éxito coas caricaturas de celebridades da política, das letras e das artes.
Finou aos vinte e seis anos de idade, de "calenturas", segundo os rexistros da época.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Murguía, Manuel (1886). Los precursores. A Coruña, Biblioteca Gallega, La Voz de Galicia.
Ligazóns externasEditar
- "Paisaxe da ponte de Ourense. Antonio Cendón" Peza do mes, setembro de 2011. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISSN 1579-9956