Antonino Castro Mosquera
Antonino Luís Castro Mosquera, nado en Ribadumia e finado no mesmo concello o 8 de setembro de 1938, foi un xuíz de paz e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ribadumia, España |
Morte | 8 de setembro de 1938 Ribadumia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xuíz , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Veciño de Barrantes. Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pero non rematou a carreira. Foi un dos fundadores do Umia F. C. en novembro de 1923.[1] Foi nomeado xuíz muncipal de Ribadumia en decembro de 1923.[2] Foi xuíz de paz en Barrantes e secretario de Izquierda Republicana de Ribadumia. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 eludiu unha tentativa de dención no seu domicilio, logrou embarcar en Vilagarcía e marchar a Buenos Aires. Desde alí pasou a Francia. Volveu ao Madrid republicano para ser intervido dun cancro e regresou a Francia. Xa moi enfermo, a través da Cruz Vermella Internacional, puido volver a súa casa de Barrantes en 1938, morrendo ao pouco tempo. A súa muller Carmen Carbó foi depurada no seu posto de mestra.
Vida persoal editar
Casou con Maria del Carmen Carbó Velilla e foi pai de María Eva, Esther, Alberto e María de los Remedios Castro Carbó.
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Antonino Castro Mosquera na páxina web Nomes e Voces.