Antolín Silva Vicente

Antolín Silva Vicente, nado na Guarda en 1872 e finado na mesma vila en 1943, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaAntolín Silva Vicente
Biografía
Nacemento1872 Editar o valor em Wikidata
A Guarda, España Editar o valor em Wikidata
Morte1943 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi emigrante a Porto Rico seguindo os pasos do seu irmán máis vello Primitivo Silva Vicente. En Porto Rico traballou nos negocios de tabaco do tamén guardés Luciano Lomba Vicente. Retornou a Galicia e montou unha cetaria de lagostas. Foi elixido como vogal da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla entre 1912 e 1919. Na Segunda República foi elixido concelleiro da Guarda en 1931 e foi síndico. Ocupou a alcaldía entre maio de 1933 e marzo de 1936. Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi perseguido.

Casou en 1898 con Antonia Raimunda Giestal González.


Predecesor:
Agustín González Sobrino
  
Alcalde da Guarda
 
1933 - 1936
Sucesor:
Manuel Noya Gil

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar