Antoine Joseph Jean Solier
Antoine Joseph Jean Solier, nado o 8 de febreiro de 1792 en Marsella e finado o 27 de novembro de 1851 na mesma cidade, foi un naturalista francés, entomólogo e coleccionista de plantas.[1]
Antoine Joseph Jean Solier | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1792 |
Lugar de nacemento | Marsella |
Falecemento | 27 de novembro de 1851 |
Lugar de falecemento | Marsella |
Nacionalidade | francesa |
Ocupación | militar, explorador, naturalista, entomólogo e recolledor de plantas |
Profesión | botánico, entomólogo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Capitán de enxeñeiros do exército francés, fixo coleccións de coleópteros en Francia, Alxeria e a zona mediterránea, así como nunha expedición a Oceanía.
Solier traballou na fauna mundial dos escaravellos, escribindo numerosos traballos científicos sobre os coleópteros.[2]
As súas coleccións, importantes especialmente para a familia dos tenebriónidos, están gardadas no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
Antoine Solier foi membro da Societé Entomologique de France.
Abreviatura en botánica Editar
A abreviatura Solier emprégase para recoñecer a Antoine Joseph Jean Solier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]
Abreviatura en zooloxía Editar
A abreviatura Solier emprégase para recoñecer a Antoine Joseph Jean Solier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas Editar
- ↑ Solier, Antoine Joseph Jean en CERL Thesaurus.
- ↑ Gay, C. (1844): Historia fisica y politica de Chile segun documentos adquiridos en esta republica durante doce años de residencia en ella y publiciada bajo los auspicios del supremo gobierno. Zoologia. Tomo cuarto. Paris, Chile, pp. 105-508.
- ↑ Solier – Antoine Joseph Jean Solier (1792-1851) no IPNI.
Véxase tamén Editar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antoine Joseph Jean Solier |