Antoine Gizenga

político congolés

Antoine Gizenga, nado en Mushiko o 5 de outubro de 1925, é o actual primeiro ministro da República Democrática do Congo e un veterano político dese país.

Modelo:BiografíaAntoine Gizenga

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Mushiko (Bélxica) Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 2019 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Kinshasa, República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
21º Primeiro ministro da República Democrática do Congo
30 de decembro de 2006 – 10 de outubro de 2008
← Norbert Likulia BolongoAdolphe Muzito (pt) Traducir →
Vice Prime Minister of the Democratic Republic of the Congo (en) Traducir
24 de xuño de 1960 – 14 de setembro de 1960 – Jean Bolikango (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Lumumbista Unificado Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLugi Gizenga Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Gizenga foi primeiro ministro en 1960, e en 1961-62 baixo a presidencia do histórico líder Patrice Lumumba. Logo do asasinato deste en 1961 continuou como primeiro ministro, pero en rebeldía. O seu goberno, con sede en Stanleyville (actual Kisangani) foi recoñecido por 21 países de África, Asia, e Europa do Leste en febreiro de 1961. Estivo no cárcere entre xaneiro de 1962 e xullo de 1964 e outra vez entre outubro de 1964 e novembro de 1965. Viviu no exilio entre 1965 e 1992.

En 2006 regresou á política presentándose ás primeiras eleccións presidenciais democráticas do país á fronte do Partido Lumumbista Unificado. Neses comicios obtivo un 13,06% dos votos e a terceira posición tras Joseph Kabila e Jean-Pierre Bemba. Na segunda volta, Gizenga apoiou a Kabila, e este ao vencer nomeouno primeiro ministro (30 de decembro de 2006).

O seu primeiro goberno estivo formado por seis ministros de estado e 54 ministros e viceministros máis, entre os que se atopou Nzanga Mobutu, fillo de Mobutu Sese Seko na carteira de agricultura e nunha teórica vicepresidencia. Tamén estivo entre eles Mbusa Nyamwisi, ministro de exteriores e antigo líder rebelde, pero non Azarias Ruberwa, o líder rebelde máis importante na actualidade e cabeza da Asemblea Congolesa a prol da Democracia (RCD).