Antiagregante plaquetario

Os antiagregantes ou antiagregantes plaquetarios son un grupo de fármacos que alteran ou modifican a coagulación do sangue. Actuan na primeira parte desta (hemostase primaria) dentro do proceso de agregación plaquetaria e, por tanto, impiden a formación de trombos no interior das arterias e veas. Os antiagregantes clasifícanse segundo a molécula que alteran no proceso. Na actualidade, o máis empregado é a aspirina ou ácido acetilsalicílico (AAS) que actúa diminuíndo a síntese dunha molécula pro-agregante. É posíbel que o plasma sanguíneo teña propiedades antiagregantes, debido a que o sangue coagula de maneira inmediata.

Clasificación de antiagregante plaquetario (inglés)

Algúns velenos de orixe biolóxica conteñen péptidos ou sustancias con efecto antiagregante plaquetario. Entre eles están os das abellas, arañas, escorpións, cogombros de mar e os dalgunhas serpes, como as do xénero Bothrops. Igualmente as secreciones salivares ou exocrinas dalgúns morcegos (Desmodus rotundus), de insectos hematófagos como o Rhodnius prolixus (transmisor da enfermidade de Chagas) ou parasitos intestinais como o Ancylostoma ceylanicum e o Ascaris teñen compoñentes con efecto antiagregante plaquetario.[1]

Mecanismo de acción editar

O fármaco antiagregante plaquetario ideal inhibe as vías de activación plaquetaria, estimula as de inhibición ou, o máis aproximado ao ideal, ambas as cousas á vez.

Tipos editar

Poden ser endóxenos, desencadeados durante a activación plaquetaria e á xeración de fibrina, que tende a limitar a extensión do trombo e previr a coagulación sistémica. Os máis importantes inhibidores son a prostaciclina (PG I2), o óxido nítrico, a antitrombina III, a proteína C e o sistema fibrinolítico.[2] Tamén poden ser exóxenos ou fármacos propiamente ditos, como a aspirina.


Segundo o seu mecanismo de acción pódense clasificar en dous grupos:[3]

Inhibidores enzimáticos

Inhibidores de receptores

Indicacións editar

En medicina, dada a participación das plaquetas tanto nas etapas precoces da formación de ateromas (ateroxénese) como na trombose arterial, o uso de antiagregantes plaquetarios é moi relevante na prevención primaria e secundaria de doenzas cardiovasculares. Entre outras, están as tromboses arteriais (especialmente o infarto agudo de miocardio) e os accidentes cerebrovasculares.[3]

Notas editar

  1. Marval, E.; Arocha Piñango, C. L. (xaneiro-febreiro de 1993). "Efecto de Algunos Venenos y Secreciones de Animales sobre el Mecanismo Hemostático". Interciencia (en castelán) 18 (1): 10–15. ISSN 0378-1844. 
  2. Ruiz Mori, Enrique (xaneiro-abril de 2006). "Antiagregantes Plaquetarios". Revista Peruana de Cardiología (en castelán) 32 (1): 29–38. 
  3. 3,0 3,1 Palomo G., Iván F.; Torres U., Constanza I.; Moore-Carrasco, Rodrigo E.; Alarcón L., Marcelo A.; Maragaño L., Patricio J. (xaneiro de 2009). "Antiagregantes plaquetarios: mecanismos de acción y riesgos asociados al uso" (PDF). VITAE, revista de la facultad de química farmacéutica. Universidad de Antioquia (en castelán) (Medellín, Colombia) 16 (1): 133–143. ISSN 0121-4004.