Anthony Swiatek

numismático estadounidense


Anthony Swiatek, nado en Brooklyn, Nova York, o 31 de xullo de 1941, é un numismático estadounidense.

Modelo:BiografíaAnthony Swiatek
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1941
Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónCity College of New York .
Actividade
OcupaciónNumismático.

Traxectoria

editar

Swiatek licenciouse no City College de Nova York en 1969, e acadou un mestrado na mesma universidade en 1972.[1]

Entre 1969 e 1979 traballou como profesor en Brooklin, actividade que compaxinaba co comercio numismático. En 1979 abandonou a súa carreira docente para se dedicar por completo á numismática.[1]

Como autor, os seus traballos céntranse sinaladamente nas moedas conmemorativas do seu país. Foi presidente da Society for U. S. Commemorative Coins e membro da xunta directiva do Numismatic Literary Guild. En 1991 foi elixido membro da xunta de goberno da American Numismatic Association (ANA),[1] entidade que presidiu entre 1997 e 1999.[2]

Recoñecementos

editar

Estes son algúns dos premios máis salientables dos que Anthony Swiatek foi merecedor ao longo da súa carreira:[1][3]

Publicacións

editar

Anthony Swiatek foi colaborador habitual de diversas revistas numismáticas estadounidenses, como Coin World, COINage e Coins Magazine, onde publicou os seus artigos. Estes son os principais traballos monográficos publicados por el ao longo da súa traxectoria:[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Smith, P. (2012).
  2. "ANA Presidents 1891 to the Present". American Numismatic Association.
  3. "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  4. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  5. "Swiatek, Anthony". WorldCat.org

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Smith, P. (2012). "Swiatek, Anthony". En American Numismatic Biographies. Páxina 405.

Ligazóns externas

editar