Anthony Edward Dudley (1967) é un barrister xibraltareño, e un dos dous xuíces da Corte Suprema de Xibraltar. Está casado e ten dúas fillas.[1]

Infotaula de personaAnthony Edward Dudley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Xibraltar Editar o valor em Wikidata
MorteXibraltar
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
Actividade
OcupaciónXuíz

Biografía editar

Dudley foi admitido como avogado en 1989. Despois de traballar varios anos no sector privado, foi nomeado Registrar da Corte Suprema de Xibraltar, e despois maxistrado estipendiario e Xuíz de instrución. Despois de ser nomeado xuíz adicional, converteuse en presidente da Corte Suprema en funcións en setembro de 2007, despois da suspensión do expresidente da Corte Suprema (Derek Schofield, envolvido en acusacións de corrupción).[2][3]

Foi nomeado presidente da Corte Suprema o 1 de febreiro de 2010, polo gobernador Sir Adrian Johns. Dudley é o primeiro xibraltareño en ocupar este posto como titular.[1]

Controversias editar

Dudley foi acusado de presuntamente ter beneficiado Inna Gudavadze, viúva do filántropo xeorxiano Badri Patarkatsishvili, nun caso relacionado co control da herdanza. O multimillonario morreu en Londres en febreiro de 2008, en circunstancias non esclarecidas, e houbo acusacións de que el fora vítima dunha trama de asasinato entre Gudavadze e o magnate Boris Berezovsky, un antigo socio de Patarkatsishvili.[1]

En abril de 2011, baixo a dirección de Dudley, a Corte Suprema de Xibraltar determinou que o sexo consensual (tanto para heterosexuais coma para os homosexuais masculinos) se consideraría legal dende a idade de 16 anos. Anteriormente, os homes gay só se lles permitía legalmente ter relacións sexuais (anais) a partir da idade de 18 en diante. Tamén, a Corte Suprema declarou que a penalización das relacións sexuais anais consentidas entre heterosexuais era inconstitucional. Ambas as dúas decisións foron moi criticadas por algúns sectores da sociedade civil xibraltareña, sobre todo pola Asociación de Mulleres de Xibraltar[4] e da Alianza Evanxélica. Con todo, o goberno deixou claro que a cuestión aínda dependía dun referendo a ser realizado en data indeterminada.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gibraltar Chronicle, ed. (02-02-2010). "First Gibraltarian Chief Justice appointed" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24-02-2010. Consultado o 22-09-2012. 
  2. Vox, ed. (20-09-2007). "Acting Chief Justice Appointed" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-01-2013. Consultado o 22-09-2012. 
  3. 7 Days Gibraltar (ed.). "The Gibraltar Women's Association are shocked" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14-12-2011. Consultado o 22-09-2012. 
  4. Brian Reyes (09-04-2011). Gibraltar Chronicle, ed. "Judge Rules: Age of Consent Is 16 For All" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27-03-2012. Consultado o 22-09-2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar