A Anta de Pavia é un conxunto megalítico da aldea portuguesa de Pavia (Mora), no distrito de Évora do Alentexo, A anta foi cristianizada e remodelada como capela coñecéndose agora como a Anta-capela de São Dinis de Pavia. O monumento, situado no centro histórico da vila, está considerado como unha das antas máis importantes do país e está designado como Monumento Nacional dende 1910. Anta ou dolmen é o termo referido a unhas 5000 estruturas megalíticas construídas durante o Neolítico no oeste e noroeste da Península Ibérica. A súa cámara oval ten un diámetro exterior máximo de 4,3 m e unha altura de 3,3 m. A única pedra angular mide 3,0 × 2,6 m. A anta construíuse entre os 4º e 3º milenio a.C reconvertida en capela no século XVIII. A transformación da Anta de Pavia precedeu á Capela-Anta de São Brissos en Santiago do Escoural, e é a maior conversión dun conxunto megalítico da Península Ibérica.

Modelo:Xeografía físicaAnta de Pavia
Imaxe
Tipoanta (pt) Traducir
capela
dólmen cristianizado (pt) Traducir
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPavia, Mora, Portugal Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°53′39″N 8°01′02″O / 38.894147, -8.017118
Características
Monumento nacional de Portugal
Identificador70422
Anta de Pavia.
Altar dentro da anta - capela.

En 1914-15, a anta foi obxecto de escavacións arqueolóxicas dirixidas por Virgílio Correia. Descubriuse que a cámara estaba dividida en cuartos por paneis verticais. Atopouse nun ídolo de lousa adornado. Ademais, atopáronse vasos rotos, machados de pedra e lousas sen decorar.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Thomas G. Schattner (Hrsg.): Archäologischer Wegweiser durch Portugal (= Kulturgeschichte der Antiken Welt. Bd. 74). Philipp von Zabern, Mainz 1998, ISBN 3-8053-2313-1 S. 160
  • Ana Palma dos Santos: Monumentos megalíticos do Alto Alentejo. Lissabon 1994, ISBN 972-918416-X.