Antônio Meneses
Antônio Meneses, nado en Recife o 23 de agosto de 1957, é un violoncellista brasileiro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1957 (66 anos) Recife, Brasil |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasil |
Educación | State University of Music and Performing Arts Stuttgart (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico , violoncellista |
Lingua | Lingua portuguesa |
Instrumento | Violoncello |
Páxina web | antoniomeneses.com |
Biografía
editarFillo do trompista João Jerônimo de Meneses, no primeiro ano de vida viviu na cidade de Río de Xaneiro, onde o seu pai fora convidado para integrar o elenco do Theatro Municipal do Rio de Janeiro. Con 6 anos, comeza a aprender violoncello. Gaña varios concursos e, aos 17 anos, vai estudar en Europa, para perfeccionar o seu talento.
Ingresa na Escola Superior de Música de Düsseldorf, despois segue en Stuttgart, ambas na Alemaña. En 1977 gaña o Concurso Internacional de München, derrotando, por unanimidade, a 40 candidatos.
En 1981, gravou co mestre Herbert von Karajan, e no ano seguinte venceu o Concurso Tchaikovsky, en Moscova.
Despois, presentouse coas Orquestras Filharmónicas de Moscova, San Petersburgo, Nova York e Israel, e as Orquestras Sinfónicas de Londres, da BBC e Viena, ademais da Orquestra do Concertgebouw, de Ámsterdan, e da Orquestra da Suisse Romande, entroutras.
Meneses tamén é membro titular do trío Beaux Arts, desde 1998.
O seu instrumento é un Matteo Goffriler do século XVIII (equivalente, nos violoncellos, ao violín Stradivarius).