Anselmo Vilar
Anselmo Antonio Vilar García, nado en Castro de Rei cara a 1881 e finado en Vélez-Málaga entre o 9 e o 10 de febreiro de 1937, foi un fareiro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 Castro de Rei, España |
Morte | 9 de febreiro de 1937 ↔ 10 de febreiro de 1937 (55/56 anos) Vélez-Málaga, España |
Causa da morte | fusilamento, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | fareiro |
Cronoloxía | |
8 de febreiro de 1937 | Desbandá |
A súa actuación na Guerra Civil, apagando a luz do faro de Torre del Mar durante dúas noites, salvou a vida de civís que fuxían de Málaga cara Almería, xa que estaban sendo metrallados e bombardeados polas tropas franquistas. Este feito é coñecido popularmente como a Desbandá.
Traxectoria
editarFillo e neto do fareiro de Torre del Mar, no municipio de Vélez-Málaga, provincia de Málaga, ocupou o seu lugar en 1930 con 48 anos.[1]
Nos primeiros días de febreiro de 1937, as tropas franquistas, coa axuda dos camisas negras italianos, tomaron Málaga. Milleiros de persoas fuxiron en dirección a Almería, cidade aínda baixo o control do Exército Popular da República, mentres eran metrallados por avións alemáns e italianos e bombardeados dende o mar por barcos do exército franquista.[2]
Dende o seu faro, Anselmo Vilar decidiu apagar as luces, co que dificultou a orientación dos barcos e avións e facilitou a fuxida da cidadanía.[3] A zona próxima ao faro foi, deste xeito, a que menos sufriu os ataques.[4]
Tras a toma da localidade polas tropas franquistas, Anselmo Vilar foi fusilado xunto ao cemiterio de Vélez-Málaga na noite do 9 ao 10 de febreiro.[4]
Notas
editar- ↑ "Anselmo Vilar, el farero que apagó la luz para salvar miles de vidas durante la Desbandá" (en castelán). 15 de decembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "80 aniversario de La Desbandá". La Opinión de Málaga (en castelán). 6 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "El farero gallego que apagó la luz para salvar miles de vidas durante la Desbandá". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de decembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Hurtado Navarrete, Jesús (28 de xuño de 2017). "Anselmo Vilar, el héroe del Faro de Torre del Mar que salvó cientos de vidas en la «Desbandá»" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2020.