Anos escuros

período histórico

Na historiografía europea, os anos escuros refírense ó período que inclúe (aproximadamente) do 476 ó ano 1000.

Petrarca, quen concibiu a idea dunha "Idade Escura" europea. De Ciclo de homes e mulleres famosos, Andrea di Bartolo di Bargilla, c. 1450.

Este concepto dun tempo de escuridade foi creado no século XIV polo erudito italiano Francesco Petrarca, e estaba pensado orixinalmente como unha crítica á falta de carácter da última literatura latina. Os historiadores posteriores expandiron o termo para referirse ó período de transición entre a antigüidade romana clásica e a Alta Idade Media, para describir un período caracterizado non só pola falta de literatura en latín, senón tamén a falta de historia escrita contemporánea, a decadencia demográfica xeral, e a limitada actividade construtiva e cultural (que se pon de manifesto, por exemplo, no empobrecemento da tecnoloxía, como se ve no caso da cerámica). Posteriormente, a cultura popular empregou o termo para describir a Idade Media como un tempo de atraso (cando en realidade non foi así), estendendo o seu uso pexorativo e ampliando o seu alcance.

Os achados da arqueoloxía e doutras disciplinas académicas no século XX proxectaron moita luz nova sobre este período, e ofrecéronnos unha comprensión máis matizada dos seus aspectos positivos. Apareceron outros termos para situar temporalmente este período: Última Antigüidade, Primeira Idade Media, e Grandes Migracións, dependendo de sobre que elementos culturais se poña a énfase.

Cando no século XIX comezou o estudo académico moderno da Idade Media, o termo "Anos escuros" quedou ó principio, con todas as súas connotacións críticas. Porén, hoxe os historiadores usan o termo "anos escuros" en sentido neutro, é dicir, para expresar a idea de que os acontecementos do período a miúdo semellan "escuros" só en termos comparativos con outras épocas.

Historia editar

 
O triunfo do cristianismo de Tommaso Laureti (1530-1602), pintura do teito das Estancias de Rafael, no Palacio Apostólico da Cidade do Vaticano. Imaxes como esta celebran o triunfo do cristianismo sobre o paganismo da Antigüidade.

O termo "escurantismo" foi pensado orixinalmente para referirse a todo o período entre a caída de Roma e o Renacemento; o termo "Idade Media" ten unha motivación semellante, o que implica un período intermedio entre a Antigüidade clásica e a Idade Moderna. Os eruditos do século XIX comezaron a recoñecer os logros alcanzados durante o período, cuestionando así a imaxe da Idade Media como unha época de escuridade e decadencia. O termo non é agora nunca utilizado polos académicos para referirse a toda a época medieval; cando se utiliza, polo xeral limítase á Alta Idade Media.[1]

Notas editar

  1. Jordan, Chester William (2004). Dictionary of the Middle Ages, Supplement 1. Verdun, Kathleen, "Medievalism" pp. 389–397. Sections 'Victorian Medievalism', 'Nineteenth-Century Europe', 'Medievalism in America 1500–1900', 'The 20th Century'. Same volume, Freedman, Paul, "Medieval Studies", pp. 383–389.