Abrir o menú principal

Dame Anna Wintour, nada en Londres o 3 de novembro de 1949 é unha xornalista e editora británica-estadounidense.[1][2] É a xefa de redacción de Vogue dende 1988, e directora artística de Condé Nast, editora de Vogue dende 2013. Coa súa imaxe con corte de pelo de estilo pageboy e bob e lentes de sol escuras, converteuse nunha figura importando do mundo da moda, recoñecida pola súa visión das tendencias e o seu apoio a deseñadores novos. A súa personalidade distante e esixente valeulle o alcume de "Nuclear Wintour", xogo de palabras con nuclear winter.

Anna Wintour
Anna Wintour 2009 crop.jpg
Nacemento3 de novembro de 1949
 Londres
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés e Anglo-americano
Alma máterNorth London Collegiate School
Ocupaciónxornalista, fashion editor, escritora e editora literaria
PaiCharles Wintour
CónxuxeDavid Shaffer e Shelby Bryan
IrmánsPatrick Wintour
Coñecido/a porThe Fashion Fund
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, oficial da Orde do Imperio Británico e CFDA Lifetime Achievement Award
Anna Wintour signature.png
editar datos en Wikidata ]

Filla máis vella de Charles Wintour, editor do Evening Standard de Londres (1959–76), o seu pai consultoulle como facer o seu xornal máis atractivo para a mocidade. Dende a súa adolescencia sentiuse interesada pola moda e a súa carreira no xornalismo especializado comezou en dúas revistas británicas. Despois mudouse aos Estados Unidos, con traballos en New York e House & Garden. Volveu a Londres para ser editora da versión británica de Vogue entre 1985 e 1987. Un ano máis tarde, asumiu o control da revista en Nova York, revivindo o que moitos vían como unha publicación estancada. O seu uso da revista para dar forma á industria da moda foi tema de debate nesta. Os activistas polos dereitos dos animais atacárona pola súa promoción das peles, mentres que outros criticaron o emprego da revista para promover visións elitistas da feminidade e da beleza.

Unha antiga axudante persoal, Lauren Weisberger, escribiu en 2003 o roman à clef de éxito The Devil Wears Prada, despois levado ao cinema con Meryl Streep como Miranda Priestly, editora de moda, que se cre está inspirada en Wintour. En 2009 foi o centro doutro filme, o documental de R.J. Cutler The September Issue.

NotasEditar

  1. "Obama supporter Anna Wintour reportedly considered for ambassadorial post by administration", hollywoodreporter.com; consultado o 10 de agosto de 2016.
  2. Chris Rovzar, "Anna Wintour, Rest of City Turn Out to Vote", nymag.com, novembro de 2008; consultado o 11 de agosto de 2016.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar