Aniceto
Aniceto foi o líder dun infrutuoso levantamento contra a dominación romana no Ponto no ano 69.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Roma, Italia ![]() |
Morte | 69 ![]() Xeorxia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pirata ![]() |
Carreira militar | |
Rango militar | almirante ![]() |
Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft ![]() |
Traxectoria
editarAntigamente, fora un liberto do rei Polemón II. Aniceto comandara a frota real até que o Reino do Ponto se converteu nunha provincia romana durante o reinado do emperador Nerón no 63. Durante a guerra civil tras a morte de Nerón, Aniceto uniuse a Vitelio e encabezou unha insurrección xeral contra Vespasiano no Ponto e Cólquida no 69. Os rebeldes destruíron a armada romana nun súbito ataque contra Trapezus. Tras disto, Aniceto pasou entón á pirataría utilizando un tipo de barco coñecido como camarae.
A revolta, non obstante, foi sufocada polos reforzos romanos baixo o mando de Virdio Xémino, un tenente de Vespasiano. Vencido na desembocadura do río Cohibo (actualmente o Río Khobi, situado no oeste de Xeorxia), Aniceto foi entregado aos romanos por unha tribo local, que lle deron morte.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Armada romana (en inglés)