Angelina Colubret

mestra, activista e política catalá

Angelina Colubret i March, nada en Badalona en 1910 e finada en Torroella de Montgrí en 1998, foi unha mestra e activista política catalá. Obtivo o título de profesora de Educación primaria o ano 1929 e exerceu de mestra até o final da guerra civil española, momento en que foi detida e condenada a non poder exercer o seu traballo. Durando o conflito militar fixo de enfermeira na expedición republicana contra os sublevados de Mallorca.[1][1][2]

Modelo:BiografíaAngelina Colubret

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Angelina Colubret i March Editar o valor en Wikidata
1910 Editar o valor en Wikidata
Badalona, España Editar o valor en Wikidata
Morte1998 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Torroella de Montgrí, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, mestra Editar o valor en Wikidata

No eido político empezou a escribir en 1931 no semanario Lluita, voceiro de Esquerda Catalá Federal en Badalona[1] e en La Humanitat.

Durante a Segunda República Española participou en diferentes mitins sobre a educación das mulleres e o seu papel na sociedade centraba en gran parte as súas intervencións. No primeiro congreso ordinario de Esquerra Republicana de Catalunya (1932) foi a secretaria do Relatorio de Ensino.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Fundació Josep Irla (ed.). "Angelina Colubret". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  2. Club de lectura: Biblioteca de Caldes (ed.). "Angelina Colubret. L'herència del silenci". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016.