Angel Esquire

novela de Edgar Wallace

Angel Esquire[1] é unha novela do escritor británico Edgar Wallace publicada orixinalmente en lingua inglesa en 1908. Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar[2] e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.[1]

Angel Esquire
Autor/aEdgar Wallace
OrixeInglaterra
Linguainglés
Xénero(s)Narrativa
Editorial Wildside Press
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1908
Galicia 2012
PáxinasGalicia 172
ISBN 978-1434482860
Galicia 978-84-939647-5-7
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Esquire, de Scotland Yard, axuda a Jimmy Stannard, un elemento criminal, a resolver o crebacabezas da gran caixa forte que contén a fortuna que o vello Reale gardou nela, coa precaución de ocultar a combinación nun verso que serve como criptograma. Cando se le a última vontade do vello Reale, constátase que catro persoas poden beneficiarse dela. Dúas destas persoas son coñecidos membros dunha banda ás que nada deterá para gañar a posesión da fortuna. Jimmy e o seu amigo enfróntanse con eles nun thriller moi característico da escrita de Wallace.

Foi levada ao cinema en 1919 por W.P. Kellino co título de Angel Esquire.

  1. 1,0 1,1 Angel Esquire. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-5-7 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar