Andreas Granqvist

futbolista sueco

Andreas Granqvist, nado o 16 de abril de 1985 en Helsingborg, é un futbolista sueco con contrato co FK Krasnodar ata o verán de 2018. O 28 de xaneiro de 2018 asinou por tres anos dende o verán co Helsingborgs IF[1].

Andreas Granqvist
Información persoal
Nacemento 16 de abril de 1985
Lugar de nacemento Helsingborg
Altura 1'92 m
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2007 Helsingborgs IF 72 (1)
2007Wigan Athletic (cedido) 0 (0)
2007–2008 Wigan Athletic 14 (0)
2008Helsingborgs IF (cedido) 11 (1)
2008–2011 Groningen 96 (21)
2011–2013 Genoa 59 (2)
2013–2018 Krasnodar 134 (3)
2018– Helsingborgs IF 0 (0)
Selección nacional
2004–2006 Suecia sub-21 26 (0)
2006– Suecia 73 (7)
Na rede
FIFA: 214667 UEFA: 95669 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de maio de 2018
Selección: actualizado a 18 de xuño de 2018editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado na localidade de Påarps no concello de Helsingborg, Granqvist comezou a xogar ao fútbol no equipo local, o Påarps GIF. En 1999 entrou nas categorías xuvenís do Helsingborgs IF e en 2004 debutou co primeiro equipo, chegando a ser capitán. Entre xaneiro de 2007 e marzo de 2008 xogou co Wigan Athletic F.C. na Premier League. Xogou 14 partidos dende o inicio da tempada, mais o equipo cedeuno ao Helsingborgs IF en marzo de 2008 ata a fin da tempada inglesa en xuño, e entrou na selección sueca para a Eurocopa de 2008.

En xullo dese ano, adquiriuno o club neerlandés do FC Groningen, xogou regularmente como titular e en 2009 tanto Voetbal International como Goal Com seleccionárono dentro do equipo do ano con altas puntuacións[2][3]. En agosto do 2011 mercouno o Genoa CFC e despois de dous anos en Xénova, foi un dos xogadores titulars do club e un dos favoritos dos seareiros locaiss. En 2013 marchou ao equipo ruso do FK Krasnodar. Granqvist recibiu o balón de ouro no ano 2017. O 28 de xaneiro de 2018 presentouse como nova fichaxe do Helsingborgs IF.[4]

Selección nacional editar

Granqvist debutou coa selección nacional o 23 de xaneiro de 2006. Seleccionado para a Eurocopa de 2008, non chegou a saír ao campo. O seu primeiro gol marcouno contra San Marino o 7 de setembro de 2010, despois de saír ao campo tras a expulsión de Olof Mellberg. O 18 de xuño de 2018 na súa estrea do Mundial de Rusia, e xogando contra Corea do Sur deulle a vitoria ao seu equipo ao marcar un penalti, rematando o partido 1-0 a favor de Suecia.

Notas editar

  1. "Andreas Granqvist återvänder till hif" Arquivado 07 de xullo de 2018 en Wayback Machine., hif.se
  2. Uitslag elftal van het seizoen 2008/09 (en neerlandés). Voetbal Internacional. Consultado o 25 de maio de 2009.
  3. Goal.com "Special: Eredivisie Team of the Season 2008-09" (en inglés). Goal.com, 23 de maio de 2009.
  4. "Officiellt: Granqvist presenterad av HIF - kommer ta över sportchefsrollen", fotbollskanalen.se