Andrea Fuentes
Andrea Fuentes Fache, nada o 7 de abril de 1983 en Valls (Tarragona), é unha nadadora retirada catalá especialista en natación sincronizada. A súa irmá Tina Fuentes (1984–2018) tamén foi nadadora de natación sincronizada.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Andrea Fuentes i Fache 7 de abril de 1983 (41 anos) Valls, España |
Altura | 169 cm |
Peso | 58 kg |
Actividade | |
Ocupación | nadadora sincronizado |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | natación sincronizada |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Familia | |
Cónxuxe | Víctor Cano |
Irmáns | Tina Fuentes |
Premios | |
Sitio web | andreafuentes.es |
Traxectoria
editarÉ a nadadora máis laureada na historia do equipo nacional de España,[3] con catro medallas olímpicas, 16 de campionatos do mundo e 11 de campionatos europeos. As súas catro medallas olímpicas tamén a converten na muller española con máis medallas, xunto con Arantxa Sánchez Vicario e Mireia Belmonte.[4]
Uniuse á selección española de natación sincronizada en 1999.[3] Formada no Club Natación Kallípolis, formou parte do Dream Team xurdido no club, xunto con Gemma Mengual, Ona Carbonell e a súa irmá Tina Fuentes. Andrea competiu nos Xogos Olímpicos de 2004, 2008 e 2012, nos que gañou catro medallas na modalidade por parellas e por equipos.[5] Retirouse na competición de elite en xaneiro de 2013, alegando desmotivación por mor dun conflito entre a Real Federación Española de Natación e a adestradora da selección, Anna Tarrés.[3][6] Após retirarse, continuou a súa traxectoria como adestradora.[4]
Notas
editar- ↑ Llorens, David (8 de agosto de 2012). "Fuentes y Carbonell, una plata taquicárdica". Mundo Deportivo. Consultado o 29 de maio de 2016.
- ↑ "Fallece la nadadora Tina Fuentes a los 34 años". La Vanguardia. 28 de agosto de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Torres, Diego (26 de xaneiro de 2013). "Andrea Fuentes se retira de la natación sincronizada". El País. Consultado o 25 de maio de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Casado, Edu (12 de novembro de 2014). "Qué fue de… Andrea Fuentes: el éxito de la gran sucesora". 20 minutos. Consultado o 29 de maio de 2016.
- ↑ "Andrea Fuentes Olympic Results". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ Tronchoni, Nadia (30 de xaneiro de 2013). "Me entristece ver dos bandos". El País. Consultado o 25 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea Fuentes |