Andrea Andrés Sánchez
Andrea Andrés Sánchez, nada en Madrid o 15 de xaneiro de 1835 e finada ibídem o 13 de xullo de 1909,[1] foi unha benefactora do concello de Sarria.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1835 Madrid, España |
Morte | 13 de xullo de 1909 (74 anos) Madrid, España |
Familia | |
Cónxuxe | Matías López López |
Traxectoria
editarCasou co industrial e político sarriao Matías López López. Cumprindo o mandato contido no codicilo polo que don Matías legara a Sarria unhas Escolas Públicas, emprendeu, axudada polas súas fillas e xenros, as xestións conducentes a facer realidade esa filantrópica doazón.
O 2 de setembro de 1896 estivo presente no acto de beizón e entrega das Escolas Públicas ó concello de Sarria, edificio que na actualidade ocupa a Casa da Cultura, para o que fixo aínda maior apartación da sinalada na vontade testamentaria. En 11 de maio de 1905 comprou a leira Cortiña do Mazadoiro para dedicala á dotación dun Hospital, encargando o proxecto a Valentín Roca Carbonell, da Academia de Belas Artes de San Fernando, presupostando para as obras 54.500 pesetas. Dotouno co material máis imprescindible e cun cadro alegórico da caridade.
Baixo o nome de Hospital Municipal da Nosa Señora do Carme, e complementado máis adiante como asilo de anciáns, estivo en funcionamento ata 1980, sendo derrubado e alzada no terreo a residencia de anciáns actual. Recibiu o título de Marquesa de Casa López por concesión pontificia.
Foi nomeada filla adoptiva e predilecta de Sarria, e unha rúa leva o seu nome.