Andrónico I de Trebisonda
Andrónico I Xidos ou Andrónico I de Trebisonda (en grego: Ανδρόνικος Α΄ Γίδος), foi o emperador (Gran Comneno) de Trebisonda desde 1222 até 1235.
Andrónico I de Trebisonda | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século XI |
Falecemento | 1235 |
Lugar de falecemento | Trebisonda |
Nacionalidade | Imperio de Trebisonda |
Ocupación | monarca |
Cónxuxe | Comnena |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Andrónico, era o esposo da filla do fundador dese estado, Aleixo I de Trebisonda. É o único gobernante de Trebisonda que non era parente consanguíneo de Aleixo I. O historiador George Finlay suxire que puido ser o mesmo Andrónico que foi un xeneral de Teodoro I Láscaris, o fundador do Imperio de Nicea. Durante o seu reinado, defendeu con éxito un asedio á cidade baixo os turcos selxúcidas e liberou temporalmente ao Imperio de Trebisonda da influencia turca, aínda que despois apoiou ao gobernante de Corasmia nunha batalla sen éxito contra os selxúcidas e volveu ser novamente o seu vasalo. Andrónico I tamén é considerado o primeiro emperador de Trebisonda en emitir moedas co seu nome inscrito nelas. Morreu en 1235 e sucedeno o seu cuñado Xoán I.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- W. Miller. Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era. Chicago, 1926.