András Kállay-Saunders
András Kállay-Saunders, nado en Nova York o 28 de xaneiro de 1985, é un cantante, compositor e produtor musical húngaro-estadounidense tamén coñecido como Kállay-Saunders. Representou a Hungría no Festival da Canción de Eurovisión 2014, na cidade danesa de Copenhague, coa canción Running.
András Kállay-Saunders | |
---|---|
Kállay-Saunders | |
![]() | |
Nome completo | András Kállay-Saunders |
Alias | Kállay-Saunders |
Data nacemento | 28 de xaneiro de 1985 (38 anos) |
Nado en | Nova York |
Ocupación | Cantor |
Xénero | Pop |
Instrumento(s) | Voz |
Tempo en activo | Dende 2011 |
Na rede | |
https://www.facebook.com/kallaysaundersofficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
BiografíaEditar
András Kállay-Saunders naceu en Nova York, nos Estados Unidos. É fillo da modelo húngara Katalin Kállay, de ascendencia nobre, e do cantante de soul e produtor estadounidense Fernando Saunders.
Ao longo da maior parte da súa infancia, o seu pai estivo de xira polo mundo, compartindo escena con artistas como Luciano Pavarotti, Jeff Beck e Lou Reed. En ocasións, Fernando levaba ao seu fillo consigo para aprender da música. Así o levou a Detroit e ensinoulle como comezara a súa carreira musical; as esquinas onde cantaba e os lugares onde actuaba.
En 2011, András decidiu visitar Hungría para estar coa súa avóa que se atopaba enferma. Durante a súa visita ao país, participou nunha audición do concurso húngaro Megasztár[1] que buscaba cantantes con talento.
CarreiraEditar
Despois de que rematara en 4º lugar no concurso cazatalentos, firmou un contrato discográfico con Universal e mudouse de forma permanente a Hungría. Alí sacou ao mercado dous sinxelos con Universal titulados Csak veled ('Só contigo') e I Love You, converténdose ambos en smash hits en Hungría, alcanzando na lista Billboard do país as posicións 7 e 2, respectivamente.
Xa en agosto de 2012 colaborou co rapeiro e produtor sueco Rebstar American DJ pain 1, no seu sinxelo Tonight, que alcanzou o número 4 no top 40 húngaro, converténdose no seu terceiro single que quedará entre os dez mellores das listas húngaras. En novembro dese mesmo ano, András anunciou a súa saída de Universal e firmo un novo contrato discográfico cun selo sueco.
O 20 de decembro de 2012, lanzou o seu sinxelo My Baby que tamén lle serviu como presentación no concurso de preselección nacional do Festival de Eurovisión, A Dal ('A canción). O 9 de febreiro interpretou a canción no concurso, obtendo un total de 48 puntos dun máximo de 50 outorgados polo xurado nacional. Tras a actuación o sinxelo converteuse no número un no iTunes húngaro. O vídeo musical da canción presentouse o 8 de febreiro, baixo a dirección de Tiki Pictures. O 11 de abril o sinxelo tamén logrou ser o número 1 no top 40 da radio húngara. Paralelamente estivo traballando no seu albúm chamado 'Delivery Boy'.
Eurovisión 2014Editar
Kállay- Saunders conseguiu gañar no ano 2014 a preselección nacional para representar a Hungría no Festival de Eurovisión 2014, Al Dal[1], coa canción Running[2], situándose rapidamente como un dos favoritos para conseguir a vitoria cunha canción moi comercial. Participou na 1ª semifinal do concurso, conseguindo a terceira posición cun total de
127 puntos clasificándose así para a gran final do concurso o sábado 10 de maio. Na gran final actuou na posición número 21, e quedando finalmente no 5º lugar da clasificación final cun total de 143 puntos.
Vida persoalEditar
O cantante mantén actualmente unha relación coa tamén cantante e gañadora de Megasztár, Renata Tolvai.
DiscografíaEditar
AlbumesEditar
- Delivery Boy (proximamente)