Andaman do Sur
A illa Andaman do Sur[1] de Andaman é a illa máis austral de Gran Andaman e é o fogar da maioría da poboación das Illas Andaman. Pertence ao distrito administrativo de sur Andaman, parte do territorio da India das illas de Andaman e Nicobar.[2] É a localización de Port Blair, capital das illas de Andaman e de Nicobar. Port Blair, a capital das illas, está situado na parte sur da illa.
Andaman do Sur | |
---|---|
Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Andaman |
Mar | Baía de Bengala, Océano Índico |
Coordenadas | 11°47′N 92°39′L / 11.783, -92.650Coordenadas: 11°47′N 92°39′L / 11.783, -92.650 |
Xeografía | |
Superficie | 1.262 km² |
Longura máxima | 93 km |
Largura máxima | 31 km |
Perímetro | 413 km. |
Punto máis alto | 459 m. Monte Koyob |
Demografía | |
Capital | Port Blair (pob. 100.186) |
Poboación | 209.602 (2011) só vilas no sur da illa Andaman |
Densidade | 166 hab./km² |
Lingua propia | Hindi, Inglés |
HistoriaEditar
A illa de Andaman do sur foi golpeada polo terremoto do Océano Índico de 2004, causando moitas mortes na illa.
XeografíaEditar
A illa pertence á Gran Cadea de Andaman.Algunhas zonas da illa están restrinxidas para os estranxeiros, con todo, os permisos de tránsito pódense obter do Ministerio do Interior. Do mesmo xeito que o resto do arquipélago.
Andaman do Sur é a terceira illa máis grande do grupo. Está situado inmediatamente ao sur da illa de Andaman do Medio e de Baratang, da cal está separada soamente por unha estreita canle dalgúns centos de metros de ancho. A illa ten 83 km de longo e 28 km na súa parte máis larga. A súa superficie é de 1.262 km².
Andaman do Sur é menos montañoso que a máis setentrional das illas de Andaman. Koiob alcanza unha altura de 459 m. sobre o nivel do mar.[3][4]
AdministraciónEditar
Politicamente, a illa de Andaman do Sur ten os tehsils de Ferrargunj e de Port Blair.[5]
NotasEditar
- ↑ Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Village Code Directory: Andaman & Nicobar Islands" (PDF). Census of India. Consultado o 2011-01-16.
- ↑ Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Andaman Islands". Encyclopædia Britannica 1 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 955.
- ↑ "map". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2017.
- ↑ "DEMOGRAPHIC – A&N ISLANDS" (PDF). andssw1.and.nic.in. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de agosto de 2017. Consultado o 2016-09-23.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andaman do Sur |
A Galipedia ten un portal sobre: India |