Anastasio Ramón López
xornalista galego
(Redirección desde «Anastasio R. López»)
Anastasio Ramón López López, que asinaba como Anastasio R. López, finado en Madrid o 11 de xaneiro de 1913, foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Coruña, España |
Morte | 11 de xaneiro de 1913 Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Daniel López López |
Traxectoria
editarIrmán de Daniel López López. Dirixiu con Ricardo Caruncho a revista La Semana Literaria (1878-1879) e colaborou en Revista de Galicia e La Voz de Galicia. En 1883 creou en Noia o Colexio San Luis Gonzaga,[1] que en 1892 trasladou a Santiago de Compostela.[2] Despois foi funcionario do Ministerio de Facenda na delegación de Pontevedra e posteriormente xefe de negociado e xefe de Administración civil do Ministerio de Facenda en Madrid. Finou en Madrid o 11 de xaneiro de 1913.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 295.