Ananio
Ananio (en grego antigo, Ἀνάνιος Anánios) foi un poeta da Antiga Grecia que viviu no século -VI do que só se conservan escasos fragmentos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI a. C. |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía iámbica |
Traxectoria
editarA súa cronoloxía vén dada porque un dos seus fragmentos cita a Pitermo de Teos, mentres que Epicarmo cita un dos seus fragmentos, polo tanto a súa vida sitúase entre a destes dous autores. Usou como metros o iambo normal, o coliambo ou iambo coxo e o tetrámetro trocaico. Algúns autores atribuíronlle a invención do coliambo mentres outros llo atribuían a Hiponacte, contemporáneo seu[1][2].
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Varios autores, Líricos Griegos II. Elegíacos y Yambógrafos Arcaicos p. 71. Salamanca:Tirant lo Blanch, 2009, ISBN 978-84-98-76777-3.