Ana Kalandadze
Ana Kalandadze, nada en Chokhatauri o 15 de decembro de 1924 e finada en Tbilisi o 11 de marzo de 2008, foi unha poeta xeorxiana .
Ana Kalandadze | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1924 |
Lugar de nacemento | Khidistavi |
Falecemento | 11 de marzo de 2008 |
Lugar de falecemento | Tbilisi |
Causa | doença cerebrovascular |
Soterrada | Pantheon de Mtatsminda |
Nacionalidade | Unión Soviética e Xeorxia |
Alma máter | Universidade Estatal de Tbilisi |
Ocupación | poeta, tradutora e escritora |
Cónxuxe | Shalva Mchedlishvili |
Premios | Orde da Insignia de Honra, Order of Honour, Shota Rustaveli State Prize, Galaktioni Prize, State Prize of Georgia e Saba prize |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu no seo dunha familia campesiña na aldea de Khidistavi da rexión de Guria. Formouse no instituto de Kutaisi ata 1941 e logo continuou estudos de filoloxía na Universidade Estatal de Tbilisi para graduarse en linguas caucásicas en 1946. Os seus primeiros poemas publicounos nas revistas Literatura da khelovneba e Mnatobi no ano da súa graduación. Dende 1952 traballou como investigadora principal no departamento de lexicoloxía do Instituto de Lingüística Arnold Chikobava da Academia de Ciencias de Xeorxia. En 1953 apareceu a súa primeira colección de poemas e sucesivas recolleitas da súa poesía apareceron en 1958, 1960, 1967 e 1976. Publicou máis de 700 poemas[1] nun estilo elaborado con rimas sutiles e curtas, raramente con máis de oito versos, e un lirismo persoal, que acadaron moita popularidade dende o comezo[2] e moitos deles transformáronse en cancións populares. Dende 1993 foi académica da Academia de Ciencias de Xeorxia.
Traduciu ao xeorxiano a Stéphane Mallarmé e Aleksandr Pushkin entre outros poetas clásicos.
NotasEditar
- ↑ Donald Rayfield (2013). The Literature of Georgia: A History. Routledge. p. 274.
- ↑ "100 Poems". Georgian National Book Center.