Ana Franchi

química arxentina presidenta do Conicet 2020

Ana María Franchi, nada en Buenos Aires en 1956,[1] é unha química arxentina. É investigadora superior do CONICET, organismo que preside desde o 10 de decembro de 2019.

Infotaula de personaAna Franchi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas (Argentina) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Franchi graduouse como Licenciada en Química na Facultade de Ciencias Exactas e Naturais da Universidade de Buenos Aires. Alí mesmo doutorouse en Ciencias Químicas cunha tese sobre hormonas e prostaglandinas no útero.[2]

Ingresou como investigadora ao CONICET, onde desenvolveu a súa carreira até chegar ao grao de investigadora superior. O seu tema de traballo é como previr o parto prematuro mediante un ambiente enriquecido.[3] Desde o seu doutoramento traballa no Centro de Estudos Farmacolóxicos e Botánicos (CEFYBO), do que é directora desde 2014.[2][4]

É presidenta da Rede Arxentina de Xénero, Ciencia e Tecnoloxía (RAGCyT).[5]

Publicacións editar

Selección dos cinco traballos máis citados segundo Google Scholar:[6]

  • AM Franchi, M Chaud, V Rettori, A Suburo, SM McCann, M Gimeno. Role of nitric oxide in eicosanoid synthesis and uterine motility in estrogen-treated rat uteri. Proceedings of the National Academy of Sciences, 1994
  • DG Ogando, D Paz, M Cella, AM Franchi. The fundamental role of increased production of nitric oxide in lipopolysaccharide-induced embryonic resorption in mice. Reproduction 125 (1), 95-110
  • G Canteiros, V Rettori, AM Franchi, A Genaro, E Cebral, A Faletti, M Gimeno, ... Ethanol inhibits luteinizing hormone-releasing hormone (LHRH) secretion by blocking the response of LHRH neuronal terminals to nitric oxide. Proceedings of the National Academy of Sciences 92 (8), 3416-3420 88 1995
  • AB Motta, A Estevez, T Tognetti, MAF Gimeno, AM Franchi. Dual effects of nitric oxide in functional and regressing rat corpus luteum. Molecular Human Reproduction 7 (1), 43-47
  • J Aisemberg, CA Vercelli, MV Bariani, SC Billi, ML Wolfson, AM Franchi. Progesterone is essential for protecting against LPS-induced pregnancy loss. LIF as a potential mediator of the anti-inflammatory effect of progesterone. PloS one 8 (2), e56161

Notas editar

  1. "Las mujeres seguimos siendo minoría en los puestos de gestión de la ciencia". Consultado o 11-3-2020. 
  2. 2,0 2,1 "Franchi: "Me imagino un país donde la ciencia sea un eje de la política pública "". 29 de maio de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  3. "Franchi Ana María. Datos académicos". CONICET Buscador de Institutos y Recursos Humanos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  4. "EXP-UBA: 12.2941201 4 - Directora regular del Centro de Estudios Farmacologicos y Botanicos (CEFYBO)." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  5. "Ana Franchi será la presidenta del CONICET". Periferia.com (en castelán). 6 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  6. "Ana Franchi". Google Académico (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2019.