Ana Cibeira
Ana Cibeira Vázquez, nada en Caracas en 1977, é unha filóloga, poeta e artista da colaxe galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Traxectoria
editarNada en Caracas pero criada en Santiago de Compostela, reside en Madrid. É autora de tres poemarios en galego. Desde 2003 publica poemas en diversas revistas e fanzines de todo o Estado sendo incluída en antoloxías de poesía españolas. Forma parte do Grupo Bilbao de poetas galegos en Madrid. É editora de zines artísticos e creou o selo underground Corazón Salvaxe con Belinda Sobrado, baixo o que publicaron: Zapatiños motor, Rápido, rápido -xunto ao artista HAZ-, A vida violenta. Ten expostos collages, fotomontaxes e videopoemas en festivais ao longo da península.
Interesada na fusión das artes, formou parte da banda de collage musical Humor vítreo con Jose Atomizador (2010-2012), e dende o 2014 mantén con Ágata Ahora o proxecto Simulacro, onde verten o recitado dos textos literarios do seu libro Punk secreto mesturándoos con música e outros sons, cunha clara intención transmedia para que o resultado sobrepase o literario.
Filóloga de formación, escribe recensións literarias en distintos medios, colabora en proxectos de edición, tradución e organización de obradoiros literarios, e ten traballado como profesora de literatura e libreira.[1][2]
Ideou e dirixe o ciclo de recitais de poesía en Tinta Roja, onde a poesía galega ten un papel principal. Forma parte do equipo do magazine radiofónico Sangre Fucsia (Radio Ágora Sol / Eskalera Karakola) do que é cofundadora.
Obras
editarPoesía
editar- Pintalabios, Toxosoutos, 2011
- A morta, Barbantesa, 2012
- Papilas analógicas. Paisaxe sur text (libro colectivo con Davidia Martín Saornil & Elia Maqueda), Progresele/ Diminutos Salvamentos, 2014
Antoloxías
editar- Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008
- Marés nos pousos do café. Mostra de poetas de expresión galega en Madriddo (Grupo Bilbao), Edición de Xavier Frías, 2010
- Sétimo andar, poesía alén, A porta verde do sétimo andar, 2010
- Pegadas, A porta verde do sétimo andar, 2011
- Madrid foi unha praia de baleas entre néboas. Poemario colectivo do Grupo Bilbao, Edición de Xavier Frías, 2011
- Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid (Bilingüe), Editorial Amargord, 2012
- Esferografías. Poemario colectivo do Grupo Bilbao, Lastura Ediciones, 2014
- Fisterras. Antoloxía do Grupo Bilbao, Lastura Ediciones, 2015.
Ilustración
editar- Xoguetes póstumos, de Emma Pedreira, 2010, Caldeirón.
- Desobediencia de Rosa Enríquez, A porta verde do sétimo andar, 2011.
- Vitalie Rimbaud. Viaje a Londres, Edición de David González, Baile del Sol, 2012.
Obras traducidas ao castelán
editarAntoloxías
editar- Transgeneración 1.0. Encuentro de jóvenes poetas españolas, Centro Cultural Generación del 27, 2007.
- Bilbao. Antología de poesía galega en Madrid (Bilingüe), Editorial Amargord, 2012.
- Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, Edición de Antonino Nieto, Endymion, 2012.
- Serial. Antología poética sobre series de televisión, Edición de Ana Santos Payán y Luna Miguel, El Gaviero, 2014.
Notas
editar- ↑ "ANA CIBEIRA". Lastura ediciones (en castelán). 2016-01-16. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ "#HaciaLaHuelgaFeminista". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2023-10-16.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Blog da autora
- Conocer al autor: sobre Esferografías