An Tiaracht (ás veces tamén coñecida como Tearaght ou Inishtearaght na súa forma inglesa), é unha das illas que forman o arquipélago irlandés das Illas Blasket, no condado de Kerry. É a máis occidental de todas elas e, de feito, é tamén o punto máis occidental de Irlanda e as Illas Británicas, salvando algunhas pequenas formacións rochosas que sobresaen por riba da superficie do mar.

Modelo:Xeografía políticaAn Tiaracht
Imaxe

Localización
Mapa
 52°04′32″N 10°39′41″O / 52.075683, -10.661283Coordenadas: 52°04′32″N 10°39′41″O / 52.075683, -10.661283
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster
CondadosCondado de Kerry Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude200 m Editar o valor em Wikidata

A súa maior altura é de 200 msnm e ten unha lonxitude dun quilómetro de leste a oeste e cincocentos metros de norte a sur.

Ó igual que as outras illas do arquipélago, An Tiaracht posúe unha importante poboación de aves mariñas, entre as que destacan o paíño europeo e a pardela furabuchos. Tamén se poder atopar o paíño gallado, aínda que non se sabe se cría na illa ou non. Por outra banda, as poboacións de álcidos oscilaron bastante, aínda que os rexistros iniciais destas aves non sempre son fiábeis.

En 1870 construíse un faro que foi automatizado no ano 1988.