Amphibian Ark é unha organización internacional para a conservación dos anfibios que intenta evitar o seu observado declive. Creouse o 16 de febreiro de 2007 por científicos de todo o mundo que se reuniron en Atlanta co obxectivo de salvar máis de 6000 especies de anfibios da extinción causada pola quitridiomicose e outras causas. Este organismo é unha asociación entre a Asociation mundial de zoos e acuarios, membro da UICN, e varias seccións para a conservación de especies da propia UICN, como a dos anfibios.[1]. En concreto, Amphibian Ark é unha asociación de tres organizacións ambientais (World Association of Zoos and Aquariums - WAZA, IUCN/SSC Conservation Breeding Specialist Group - CBSG e IUCN/SSC Amphibian Specialist Group - ASG). O obxectivo da Ark é axudar ao seu asociado a realizar unha conservación ex-situ e protexer os sitios naturais onde viven os anfibios. Outra das súas atribucións é identificar os taxons realmente en perigo, xa que existe unha incerteza sobre o grao de ameaza sobre preto do 23% das especies. O proxecto propón que parques zoolóxicos, acuarios e xardíns botânicos de todo o mundo poidan albergar un determinado número de exemplares de especies de anfíbios ameazadas e crialas. De aí o nome dado ao proxecto, que significa Arca dos Anfíbios, en alusión á Arca de Noé.[2] Formáronse Comités Asesores para consultas sobre asuntos específicos das especies, por exemplo, a reintrodución, bancos de xenes e aspectos veterinarios, legais e éticos. Amphibian Ark organiza campañas de prensa con destino aos poderes públicos e á poboación para facer tomar conscienia do perigo de extinción masiva que pesa sobre os anfibios, como a campaña Year of the frog (Ano da ra), que se lanzou en 2008, para promover as actividades da organización procurando apoio financeiro, a adquisición de novos socios e estimular a atención pública no contexto da preservación de anfíbios, entre outros.

Amphibian Ark
Tipoorganización internacional
Na rede
http://www.amphibianark.org
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. Amphibian Ark (ed.). "AArk organization". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 15 de maio de 2019. 
  2. amphibian Ark (ed.). "Frightening statistics!". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 15 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar