Ammunas
rei dos hititas de -1550 a -1530
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Ammunas, rei dos hititas, gobernou o país aproximadamente durante 20 anos (-1550 – -1530), tras asasinar ao seu antecesor e pai, Zidantas I.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVI a. C. ![]() |
Morte | 1530 a. C. ![]() Hattusa, Turquía ![]() |
Lugar de sepultura | Hattusa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | (…)-tavanna ![]() |
Fillos | Telibinus ![]() |
Pais | Zidantas I ![]() ![]() |
Irmáns | Ištapariya ![]() |
Traxectoria
editarEstes desordenes dinásticos, unidos a unha grave seca, debilitaron moito o reino, e permitiron aos seus veciños, sobre todo en Anatolia occidental, alzarse en armas contra os hititas, o que provocou a rebelión dalgunhas das cidades conquistadas polos seus antecesores, como Tipiya, Hapisna, Parduwata ou Hahha, o que posibelmente privou aos hititas das rutas a Siria.
Á súa morte, probabelmente debida a causas naturais, sucedeuno Huzziyas I, cuxa relación exacta con Ammunas é descoñecida.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Zidantas I |
Ammunas | Precede a: Huzziyas I |
- |