Zidantas I
rei dos hititas en -1550
Zidantas I, rei dos hititas, gobernou durante un período de tempo indeterminado, aproximadamente na década de -1550.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVI a. C. |
Morte | século XVI a. C. Hattusa, Turquía |
Lugar de sepultura | Hattusa |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | (…)-saltas |
Fillos | Ištapariya, Ammunas |
Traxectoria
editarXenro do seu antecesor, Hantilis I, participou no asasinato de Mursilis I que permitiu ao seu sogro alcanzar o poder. Transcorridos trinta anos de reinado de Hantilis I, asasinou a este e a algúns dos seus descendentes para alcanzar o trono hitita.
Non se coñece moito do seu reinado, xa que non quedaron probas documentais e foi rapidamente asasinado polo seu fillo, Ammunas.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Hantilis I |
Zidantas I (-1550-?)
|
Precede a: Ammunas I |