Amenhotep fillo de Hapu

Amenhotep fillo de Hapu, en exipcio Amenhotep sa Hapu, nado contra o 1440 a.C. e finado contra o 1360 a.C., foi un arquitecto exipcio que estivo ao servizo do faraón Amenofis III.

Amenhotep fillo de Hapu
Amenhotep son of Hapu.jpg
Nacementoséculo XIV a. C.
Lugar de nacementoAthribis
Falecementoséculo XIV a. C.
Ocupaciónarquitecto e sacerdote
editar datos en Wikidata ]
Amenhotep fillo de Hapu, Museo de Luxor

BiografíaEditar

Naceu en Athribis. Seu pai, Hapu ou Habu, era escribán e sacerdote, e a súa nai chamábase Ity.

Entrou ao servizo do faraón, chegando a obter numerosos títulos, algúns militares, outros relixiosos e outros civís; entre os derradeiros o principal foi o de Xefe de todos os traballos do rei o que viña a equivaler ás funcións de arquitecto real.

Deseñou un templo en Tebas do que só fican os coñecidos colosos de Memnón. Outras edificacións foron templos en Luxor, Karnak ou Soleb e aínda o Pazo de Malkata en Tebas.

Puido alzar a súa tumba próxima a do faraón, nun templete funerario que foi autorizado polo mesmo Amenofis III.

Amenhotep morreu á idade duns 80 anos, arredor do 1360 ou 1350 a.C., durante o tricésimoprimeiro ano do reinado de Amenofis III. Certas hipóteses, que recollera o sacerdote exipcio Manetón, suxiren que foi asasinado ou obrigado a se suicidar por instigación de seguidores do deus Atón (pois foi un afervoado seguidor de Amón).

CultoEditar

 
un dos colosos de Memnón, obra de Amenhotep fillo de Hapu

No período tolemaico foi adorado como un deus curador, ao igual que o seu predecesor Imhotep, gozando en Tebas dalgunhas capelas dedicadas.

IconografíaEditar

Consérvanse varias representacións do arquitecto na que aparece como un escribán sentado, ben na súa xuventude ou ben na ancianidade.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar